Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esperanza de vida

jueves, 31 de diciembre de 2009
Sinal de que as condicións de vida teñen mellorado sustancialmente nas últimas décadas é de que non para de medrar a esperanza de vida dos galegos, dentro dunha tónica similar para todos os españois.

Que no prazo dun século se duplicaran as cifras de esperanza de vida, é ben sintomático dos avances sociais nun país que do subdesenvolvemento pasou ó progreso aínda que, en comparación cun amplo contorno, haxa aínda moito que mellorar.

Cando comezou o século vinte, a esperanza de vida non superaba moito os trinta anos mentras que agora, comezado o século XXI está xa nos oitenta. Certo que o tema admite matices, xa que se para as mulleres a cifra está arredor dos 84 anos, para os homes é de algo máis de setenta e sete. O promedio dos galegos queda en case oitenta e un anos de idade.

Son só cifras, produto de estatísticas, pero reflicten unha realidade: a de que as condicións de vida -especialmente ó que a saúde se refire- melloraron tanto, que permiten un avance espectacular de catro anos de promedio de vida nas dúas últimas décadas e as galegas son das máis lonxevas de europa ó superar neste promedio os 84 anos.

Os galegos vivimos máis, chegamos a ser máis vellos, pero tamén envellecemos como país. Está moi ben qu duremos máis anos, que é sinal de progreso, pero para que ese progreso se manteña necesitamos tamén que nazan máis nenos para que Galicia siga viva, para que o país non se convirta nun gran xeriátrico, para que haxa galegos despois de nós.

A esperanza de vida mellora sensiblemente no que ós actuais galegos se refire. Pero, verdadeiramente, a nosa esperanza de vida está nos galegos do futuro, eses que se resisten a nacer; eses que nos resistimos a deixar nacer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES