Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Boa veciñanza

jueves, 24 de diciembre de 2009
Hai nacións sempre en pé de guerra -política, comercial... non fai falla que sexa violenta- e outras que responden ós impulsos guerreiros recibidos. Non debe haber moita dúbida a cales pertencen España e Marrocos á vista do longo conflicto plantexado pola presencia en Lanzarote da activista saharaui Aminatu Haidar, e o por agora escuro proceso para obter a autorización para que a Sra. Haidar volva ó seu país.

En tempos ocorría con Francia, que ata que comezou a colaborar na entrega de terroristas de Eta tiñase convertido nun santuario ó que non lle afectaban os feitos violentos a pesar de ser xeograficamente obxectivo directo dos independentistas.

Con Marrocos pasa máis de miudo, non so porque temos máis zonas de fricción nunha ampla liña fronteiriza que o veciño país considera aínda moito máis ampla, senón porque a reacción oficial só se produce cando hai unha desmesura por parte do réxime marroquino que a España lle afecta de xeito directo.

E logo Xibraltar ou/e o Reino Unido. Ben pensado, o único veciño “tranquilo” é Portugal, que non nos dará maiores satisfaccións pero tampouco nos ocasiona disgustos, e os galegos temos que ter en conta dunha vez por todas a súa cercanía e identidade connosco.

Como veciño pobre da España global, para Galicia o noso único veciño, temos con eles moitísimas afinidades. Somos a comunidade coa economía máis modesta do Estado, e temos longa fronteira xa inexistente con millóns de persoas de similares características “raciais”, idiomáticas, culturais, económicas. E sen embargo cóstanos traballo saltar o caudaloso Miño para plantarnos firmemente diante dos nosos veciños.

Se darán exemplo de boa veciñanza que a fronteira inexistente, reducida a barreira física barrida por cada vez máis elementos e medios, permite un movemento comercial non cuantificable dos portugueses que veñen mercar á Galicia sur, e os galegos que acudimos por milleiros ás poboacións fronteirizas a mercar, xantar e convivir.

Para os galegos, o único veciño que nos interesa, que nos afecta polo seu comportamento e existencia, é Portugal. As accións transfronteirizas son poucas, pequenas e tímidas. Imponse o reforzo, insistencia, impulsión. Para un veciño tranquilo que temos, vaiamos máis á súa casa, que el veña á nosa, e Deus na de todos, como quere a tradición.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES