Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Cámara das autonomías

miércoles, 23 de diciembre de 2009
Ía a ser a Cámara das autonomías e quedouse en Cámara alta. Pero as autonomías perderon unha ocasión importante de ter voz propia e ser contempladas e atendidas nun lugar axeitado para facer oir a súa voz.

O Presidente galego foi un dos primeiros en facer oir a súa voz desencantada en relación coa reunión que organizou o goberno no Senado cos presidentes autonómicos e os representantes das forzas sociais e económicas, polo que supuña de improvisación e de non ter pactado con anterioridade os importantes temas de discusión que non poden ser estudiados e razoados nunha sóa xornada de traballo.

E sen embargo é absolutamente imprescindible que o Goberno e as autonomías se poñan de acordo nos grandes e pequenos temas da política, nos temas habituais, especialmente nos mundos da economía e do traballo, íntimamente unidos, que tanto preocupan nestes momentos a todos nós.

Esta xuntanza fallida, que houbo de esperar tres anos para celebrarse, debería ser continuada por unha serie programa de xuntanzas de xeito que se fosen planteando e estudiando temas, pactando accións e políticas, de xeito que todas as accións de goberno das comunidades e do goberno central camiñasen na mesma dirección, buscando o ben común e non só o ben partidario, coordinando esforzos e non camiñando cada un polo seu lado.

O lugar, o Senado, parece axeitado desde o momento en que a Constitución lle reserva ese papel de converxencia das diversas autonomías que conforman España. Só falla que todos cheguen á conclusión de que é imposible seguir mantendo cadansúa bandeira, marcando os máis diversos obxectivos, e camiñando en calquera dirección que figure na rosa dos ventos. Nestes momentos de dificultades, ou falamos o mesmo idioma -económico, por suposto- ou non faremos nada. E se á primeira non saíu, fágase con calma, que seguro que pode funcionar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES