Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amor / Odio

jueves, 17 de diciembre de 2009
Un amigo noso, bó coñecedor dese submundo, dí que os partidos políticos son caldo de cultivo nos que se producen os episodios mais virulentos do desencontro entre as persoas, recurrindo a sañudos métodos que produzan efectos devastadores na/s persoa/s a destruir, na amoral loita por acadar os disputados privilexios, pois no seu seno é frecuente que o “compañeiro” mais próximo sexa tamén o mais encarnizado inimigo, e polo tanto, obxetivo a bater… Según il a xénese está na función que os partidos desenrolan como plataformas de lanzamento hacia as metas das ambicions persoais de cada quen, moitas veces coincidentes, en aras das que non se repara en consideracións de tipo algún: afectivas, de respeto, gratitude, éticas, racionais nen mesmo nos servilismos, consesuados e xa consumados. É decir, os servicios prestados mutuamente. Por iso non pode sorprender que estes individuos pasen dun día para o outro do amor apaixoado, decrarado públicamente, ó odio mais visceral, co estadio intermedio do desamor, como en vulgar telenovela. Son situacións habituais, de vella raigame entre a crase política. Cóntase dun coñecido político galego do franquismo que, vivindo un rifi-rafe semellante, exclamou: “¡Cuerpo a tierra, que vienen los nuestros!”. Mágoa que tal mensaxe non lle chegara a tempo ó alcalde de Fago… En Foz, como é público e notorio, estase a vivir un episodio que acapara a atención mediática e polo tanto un protagonismo singular, que confirma a vixencia das miserias apuntadas. É certo que de cando en vez o noso pobo potencia o seu nome a través de feitos, case sempre pouco edificantes ou mesmo sorprendentes. Xa levábamos moito tempo a barbecho: dende hai meses que aparecera morto un oso no Bispo Santo non volvera a falarse das nosas singularidades. Xa ía sendo tempo. E para que non decaa a tradición, os protagonistas, “tandem” monolítico nas formas e no fondo, de idéntica cuadratura, que se xuraran amor eterno e fidelidade sen fin, destapan a caixa de Pandora (a que garda as tormentas) e decraran a súa guerra peculiar. Eles, os organizadores da Marcha Pola Paz no Mundo!. Paradoxas da vida!…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES