Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguimos a agardar

viernes, 11 de diciembre de 2009
En Cataluña levan tres anos agardando pola decisión do Constitucional sobre a constitucionalidade do seu novo Estatuto. En Galicia seguimos agardando que as forzas políticas dialoguen e consigan unha nova Lei reguladora da nosa autonomía.

Non é que en Galicia teñamos unha gran conciencia autonómica nin a inmensa maioría dos galegos soñemos coa renovación do Estatuto de Autonomía que leva funcionando correctamente algo máis dun cuarto de século. Pero se os cataláns –e outras autonomías- o teñen, nosotros coma o que máis.

Estamos afeitos a que os cataláns nos leven a dianteira en case todo, e por eso non tomamos a mal que sexan eles os que estean a gozar dun estatuto avanzado, moderno, máis descentralizador, máis rendible economicamente, e polo que se ve con enfoque problemático con ollos desde a Constitución, que obrigan ó tribunal encargado dos temas relacionados coa Carta Magna a estudiar e reestudiar o seu contido para ver se é compatible coa norma máxima.

Que o Tribunal leve tres anos desfollando a margarita pode tamén ser porque as forzas están divididas, e as opinións suponse que rematarán en empate, con tantos votos para os partidarios de compatibilizar Estatuto e Constitucións como maxistrados designados polo Partido no Gobierno, como dos partidarios de poñerlle tacha, nomeados polo primeiro partido da oposición, que é quen presentou o recurso de inconstitucionalidade.

Os cataláns agardan pola decisión con presións que poden chegar a que unha ducia de xornais cataláns publiquen unha editorial conxunta sobre o tem ata declaracións dos seus principais políticos advertindo dos males que traería consigo calquera problema que afecte ó Estatuto.

En tanto, xa que un novo Estatuto é tan interesante para Cataluña, aquí seguimos a agardar por ver como queda a cousa para eles. E como pinta para nós dispoñer algún día dun instrumentos así.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES