Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Muralla romana de Lugo cumpre nove anos (Como patrimonio da humanidade)

viernes, 04 de diciembre de 2009
E con este motivo, a Asociación de Amigos da Muralla concede catro distincións de “Admirador da Muralla” a persoas que se destacaron e destacan na admiración á Muralla, no apoio á muralla, desde os seus postos directivos, de traballo ou de vocación, e premia e se teñen distinguido na ornamentación da Ronda Interior da Muralla romana de Lugo.

“Admirador da Muralla de Lugo”, foi declarado Juan Manuel Pardo Valdés (Chencho Pardo). Os debuxos de Chencho Pardo, filigranas perfectas, reproducen conxuntos urbanos da provincia de Lugo dun xeito maxistral, que por veces fai desexar que o orixinal chegue a ser tan fermoso como nos seus debuxos aparece. E polo que se refire á Muralla de Lugo, o seu debuxo ofrece á cidade de Lugo o logotipo perfecto.

Xoán Xosé Molina foi durante catro anos Delegado Provincial da Consellería de Cultura en Lugo, e durante ese tempo demostrou pola muralla un agarimo só parello coa súa devoción polo Museo que creou na Fonsagrada. A muralla foi para el primeira preocupación dentro da súa querencia innata polos monumentos, polas igrexas, polos castros... E pola muralla, a súa e nosa xoia primeira.

Antón Bao Abelleira, vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Lugo, ten ó seu cargo o mundo provincial da cultura e dos museos, do deporte e da actividade social. Tendo demostrado preocupación e inquedanza polas actividades e infraestructuras culturais, destaca no seu labor un que ten á muralla como testemuña, e é apertura ós lucenses do patio interior da Deputación Provincial, convertendo aquel fermoso espacio en escenario cultural que ten como magnífico telón de fondo un amplo lenzo da muralla e por decorado as grandes árbores de folla perenne dos xardíns da Deputación.

Por último Raquel Arias Rodríguez, a política lucense que recibiu do Presidente da Xunta o encargo de gobernar o complexo conxunto administrativo da provincia de Lugo, que ten demostrado no tempo que leva desempeñando este cargo capacidade de traballo e dedicación, tendo entre as súas competencias a da protección do noso monumento, e polo que á súa querencia pola Muralla se refire ben poderemos referirnos ó contido da súa intervención na apertura da Porta do Hospital nas pasadas festas do San Froilán.

Son catro magníficos admiradores da Muralla os que Amigos da Muralla homenaxeou no día (30 de novembro) no que se cumpren, xa, nove anos da declaración da muralla como patrimonio da Humanidade.

Eles, e outros como eles, e todo Lugo, son proba de que a Muralla está viva, de que os lucenses lle queremos e nos preocupamos pola muralla, e que a muralla ten cada día máis amigos, e máis afervoados.

E merecidos son tamén os premios que ven de conceder o xurado establecido para xulgar os aspirantes ós IX Premios de ornamentación da ronda interior da Muralla.

O segundo premio obtívoo Telva Galván Alvarez, do número oito da rúa San Froilán, por un fermoso xardín situado á beira da muralla. E o primeiro é para a sociedade Círculo das Artes, pola supresión da terraza posterior incrustada na muralla, que fermosea a zona nun doble sentido: á Muralla porque a libera dun engadido supérfluo e discordante; ó Círculo porque ennoblece a fachada posterior da casa señorial que tantos milleiros lucenses temos tamén por nosa. E cabe aquí unha doble felicitación: Á Xunta, por financiar unha obra vital para a muralla, e ó Círculo das Artes por entender a necesidade de renunciar a unha propiedade, someterse a unhas obras complicadas, e chegar todos felizmente a bo porto.

Merecidas distincións que conflúen todas nun ente común, a nosa Muralla, que mesmo que se un ser humano fose, tamén está sendo sometida a un estudio topográfico e volumétrico, que permitirá dispoñer de información e cartografía do monumento en tres dimensións, que nos vai permitir –ós técnicos, especialmente- coñecer como é por dentro, para mellor poder atendela e protexela.

Nesta xornada festeira, congratulémonos de que “esto se mova”, felicidades a todos polo conseguido, e por moitos anos de celebracións coma esta. E que todos nos o vexamos.

Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES