Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Benquerido Xaquín:

jueves, 03 de diciembre de 2009
Benquerido Xaquín:

Vouche contar unha película que seguramente sabes de memoria.

Era unha vez unha parroquia que estaba constituída por xentes de tódalas castes. Nela convivían homes e mulleres desafectas –é dicir, xentes ás que lles daba o mesmo ter nacido alí ca en calquera outra aldea-, con outras que tiñan conciencia propia da súa procedencia, pero sen daren por suposto que por teren nacido nela, a súa fose “o non vai máis” das parroquias da terra.

Logo había outras xentes que non se pronunciaban e que a miúdo se deixaban levar pola maioría, sempre e cando a maioría coincidise coas súas ideas.

Habíaos de esquerdas e de dereitas. Xentes de misa de domingo e outras que so pisaban o adro da igrexa cando tocaba ir a algunha cerimonia. Incluso tamén había algúns que só con pensar no cura, a epiderme se lles contaminaba con algunha alerxia.

Había traballadores voluntarios para as causas do común e verdadeiros especialistas en teren gripe, unha ciática ou unha viaxe imprevista cando os mordomos pedían cofrades para a festa.

Habíaos novos e vellos, altos e baixos, ricos e pobres… É dicir, era unha parroquia máis, coma outra parroquia calquera, que trataba de convivir en paz e de solucionar como podía –cando aparecían- os seus grandes ou pequenos problemas.

Pero logo –non todo pode ser perfecto-, había algúns que se tiñan por donos da árbore xenealóxica parroquieira. Dicían seren os únicos que sabían de onde procedía a súa torgueira e, polo tanto, eles eran –segundo unha vella crenza- os únicos que tiñan dereito a decidir cara onde debían creceren as pólas da cerdeira.

Non eran máis alá de media ducia e moraban a cotío nas casas de acolá –é dicir, na endogamia-, pero pensaban que nada se debía mover en ningunha aldea sen o visto e prace deles, por seren os custodios das esencias.

Agora, benquerido Xaquín, ponlle á parroquia o nome que queiras e multiplícao por catro mil. Entón terás como resultado esa mesma Galicia que ámbolos dous amamos e que a miúdo tamén nos exaspera.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES