Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Fontán

martes, 01 de diciembre de 2009
A partir de agora, un Fontán estará exposto á contemplación pública no instituto Lucus Augusti da capital lucense despois de ser rescatado e restaurado como corresponde.

É só unha copia, pero resulta que só hai media ducia de copias do orixinal do primeiro mapa completo de Galicia que o xeógrafo Domingo Fontán elaborou en 1834. O orixinal está na Fundación Fontán de Madrid, e as copias en institucións galegas que as conservan como ouro en pano.

Menos esta, que estivo no Instituto de ensino medio de Lugo cando este estaba no edificio da Deputación provincial, e alí quedou cando o instituto pasou a outro lugar, e logo conseguiu edificio propio.

Despois de moito tempo de esquecemento, Juan Balboa, funcionario e artista, rescatouno do almacén de Vías e Obras onde se atopaba, levouno hai dez anos ó Museo provincial, e desde alí pasou a semana pasada ó Instituto, propietario inicial, onde será admirado como corresponde e darredor del serán impartidas xeitosas leccións de xeografía e historia.

Como ocorre case sempre, sobre a existencia deste Fontán había referencias que se coidaban case lexendarias, entrelas as de Cunqueiro e Manuel María, que teñen falado da existencia deste mapa nas vellas instalacións do máis veterano instituto de Galicia.

Pois aí está, de novo, o Fontán, para ledicia de todos e xustiza ó primeiro científico que deu a coñecer a realidade física de Galicia. É unha copia, pero é unha copia dunha histórica obra mestra que todos debemos coñecer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES