Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pequeno empresario

martes, 17 de noviembre de 2009
Certo que nun momento como o actual, todos os sectores sociais parecen ter problemas nunha cadea de desfavores que evidencia unha directa interconexión de todos os actores socioeconómicos.

Pero normalmente os problemas dos máis pequenos empresarios ou autónomos non son obxecto de atención polos medios informativos, senón que os titulares, as primeiras páxinas, as noticias de cabeceira atenden ós avatares que sofren ou disfrutan os grandes bancos e caixas de aforro, as entidades oficiais, os colectivos importantes ou as grandes empresas.

E sen embargo resulta que o corpo vital da nosa economía está sostida polos miles de pequenas empresas e empresarios que proporcionan un, dous ou catro postos de traballo, incluidos os dos mesmos rectores, que son as que teñen os problemas cotiáns de facer fronte ó pago de salarios, cuotas da seguridade social, impostos ou proveedores, e dos que ninguén se acorda porque ó non ter influencia de decisión permanecen no anonimato.

Eles, eses pequenos empresarios, soportan todos os malos momentos da economía, a baixada de pedidos, o peche do grifo dos cretos bancarios, o pago dos impostos, o impago de clientes. E seguen a traballar día a día, porque no momento que pechen as portas deixarán de existir como empresa pero só se saberá cando se coñeza a próxima estatística de ocupación ou produción.

Do pequeno empresario non se fala, nin se lle axuda, nin se pensa desde os poderes públicos no seu dificultoso día a día. E sen embargo é unha peza insustituible no entramado económico e social, e de pouco vale solucionar os grandes temas das grandes empresas, xa que nin o problema verdadeiro está aí -no alto- nin as macrosolucións impedirán milleiros de colapsos, pequenos pero dolorosos, problemas sangrantes, silenciosos, que teñen que ter solucións pequenas e directas se queremos que todo este caos económico volva entrar en razón.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES