Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cousas sen termo medio

martes, 10 de noviembre de 2009
Está empezando a ser preocupantamente común ese perfil de noticia que informa de que un alcalde, unha alcaldesa ou un colectivo calquera que cría que unha obra, un proxecto ou unha iniciativa que tiñan apalabrada cunha ala do goberno bipartito contaba con respaldo económico da Xunta de Galicia, e como proba documental soamente lle aparece agora o recordo dunha conversa telefónica, unha máis ou menos amena entrevista ou, no mellor dos casos, un fax, un correo electrónico ou unha carta intercambiada na que se citaba o asunto e pouco máis. É dicir, fogos de artificio mal explotados ou enganosos caramelos que agora, no regusto, están acedándolles a algúns o padal.

Traio isto a colación, ó fío da nova que saíu onte nos xornais sobre a restauración do Pórtico do Paraíso da catedral e sobre a polémica desatada entre goberno e oposición respecto de se contaba ou non con partida orzamentaria para poderse executar.

E tráioo aquí porque, certamente, a polémica é absurda, pois, como acontece con tantas outras cousas que poden ser demostradas, carece de termo medio, pero si ten solución: Algunha dimisión.

Se logo de que a obra foi anunciada polo anterior xerente do Xacobeo, foi iniciado o expediente perceptivo e lle foi aplicada a correspondente partida orzamentaria, é evidente que o goberno actual -ó negar esta evidencia documental- minte e, polo tanto, alguén debería dimitir.

Pola contra, se o certo é que os anteriores responsables do Xacobeo anunciaron a bombo e platillo un proxecto que carecía de máis mínimo soporte económico, os que deberían dimitir deberían ser os que se sentaron diante da prensa para reclamar a execución dunha gran mentira. Pero deberían facelo, non sen antes recoller o morro do chan.

Así que, o que teña papeis que os poña por riba da mesa e seralle moi doado deixar ó rival político como un mentirán.

E se non os hai, entón primeiro que dimita e despois que lle pida desculpas á sociedade ourensá por ser indigno –ou indigna- para ostentar un cargo institucional.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES