Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Paz no mundo

jueves, 05 de noviembre de 2009
O pasado xoves, día 29, celebrouse en Foz , con éxito rotundo, a “I Marcha pola Paz e a non Violencia no Mundo”, coa petición específica do desmantelamento das armas nucleares e o cese de toda violencia: dialéctica, física, económica, racial, relixiosa, cultural, política, sexual e psicolóxica; sen dúbida unha fermosa utopía pola que val a pena loitar. É certo que se trata dun moi ambicioso propósito, que na súa procura esixirá o troque paseniño do comportamento que a Humanidade víu observando dende que ésta existe, o que no S.IV a. de C. fixéralle decir ó filósofo romano Séneca: “vivir é guerrear”. A extraordinaria complexidade do enunciado, cos infinitos atrancos que leva implícitos, acaso imposibilite que chegue a lograrse, en toda a súa dimensión, tan noble anceio. De ser así, venturosamente a Sociedade, hoxe tan agresiva mesmo no entorno mais próximo de cada quen; agresividade alimentada de forma especial polos políticos de todo grao e condición, marcharía hacia uns comportamentos mais humanos, respetuosos e considerados que, cando menos en boa parte, fixera esquecer a afirmación de Séneca, para propiciar outra sentencia que relacione o vivir co encontro civilizado entre as persoas: o diálogo, o respeto, a tolerancia; é decir, aquelas condicionantes para unha convivencia armónica e que polo tanto non xenere violencia. O logro da paz humana pasa pola toma de conciencia de cada individuo e ha de comezar por nós mesmos.Nunca esquezamos que esa vontade de paz mundial ha de artellarse partindo da realidade cotiá, rachando con toda actitude violenta nas nosas relacións persoais, sociais, políticas, culturais, económicas, deportivas; co medio ambiente, o patrimonio artístico e cultural ou as distintas ideoloxías. Difícilmente podemos aspirar a unha paz universal se dalgún xeito cultivamos a violencia na convivencia diaria. O pasado xoves os focegos proclamamos a nosa adhesión a ese pretendido novo orde universal que rexeita toda violencia e discriminación. Na manifestación tiña especial relevancia a presencia estudiantil, como corresponde a unha xuventude sempre altruista e xenerosa: a eterna esperanza dun mundo mellor...
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES