Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sensacións informativas

martes, 03 de noviembre de 2009
Cada día, cando amence cada un de nós, ten ó seu dispor un torrente de informacións nos máis diversos medios que axudan a compoñer unha personal disposición mental, unha postura diante da vida alomenos durante a xornada que comeza.

Parece como se a sociedade estívese preparada para proporcionar ese aluvión informativo a todos os seus membros, na seguridade de que todos temos unha necesidade absoluta de estar ó tanto do que pasa en todo o mundo, con especial preferencia polo que pasa no noso inmediato contorno.

E como non é abondo facilitar ese tsunami informativo, cada medio fai fincapé nunhas determinadas noticias, facéndoas pasar por cadanseu prisma de maneira que o que percibimos é un conxunto de datos e informacións tamizados por innumerables filtros que, sen engaidr ningunha incorrección ou erro, levan consigo mensaxes, insinuacións, detalles que as personalizan e lles dan un especial carácter.

Velaquí que cada día recibimos impactos informativos, sorpresas, perspectivas moi diferentes nas que se magnifican novas fronte a outras, pero todas cun tremendismo absoluto buscando conseguir a nosa atención e movernos nunha determinada dirección.

É imposible para unha persoa que viva neste século abstraerse do contorno, cando o que parece desexable sería o aillamento total en relación co que a actualidade nos ofrece. Pero somos membros dunha sociedade globalizada na que a interdependencia de todos se manifesta na nacesidade de conexión entre as persoas por medio dos vencellos informativos.

Non é posible substraerse deste aluvión que nos inunda. Seguiremos percibindo a diario os miles de sensacións informativas que nos impactan e conmoven. É o signo dos tempos. Pero non poderemos evitar seguir tendo a impresión de que esas sensacións informativas, froitos dos impactos recibidos, non son máis ca pezas mínimas dunha xigantesca máquina de poder diante da que estamos inermes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES