Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día de difuntos

lunes, 02 de noviembre de 2009
Conmemoramos o dous de novembro a festividade dos Difuntos, de gran arraigo en Galicia, que ven ser complemento do anterior “Todos os santos”, con celebracións que se mesturan entre outros motivos porque o un de novembro é festivo.

No fondo e nas formas, os mortos son os principais protagonistas deste día, en todo o mundo. E nel conflúen os diversos xeitos de de volver o pó ó pó, de reintegrar á terra o que da terra procede.

Poden variar os xeitos deste reintegro. E aí están os enterros caseiros, de moda últimamente nos Estados Unidos, nos que os defuntos son soterrados nos xardíns familiares, ou os ataúdes que se incorporan como elementos ornamentais ós mobles do salón, con difunto incluido.

De moda está, xa neste país, o enterro das cinzas á beira dunha árbore, nun envase biodegradable que se vai incorporando á natureza circundante.

Aparecen as teletumbas onde por medios audiovisuais se poden consultar datos do falecido, deixar mensaxes, e programar prevencións contra as inclemencias da natureza ou o vandalismo, para a pervivencia do sistema.

E resulta ser esta xornada perfecta para mirar hacia atrás e lembrar mortos por encima do tempo. Chama a atención que na Fonsagrada se celebren precisamente nestes días as homenaxes póstumas ós compoñentes do batallón Galicia asasinados no porto do Acevo en 1937 durante a guerra civil, cando intentaban chegar á Coruña despois de combatir nos frentes de loita. Recuperados os seus restos, sepultados en lugares ata agora incógnitos, convértense en mortos identificables, ós que agora se lles rende a última homenaxe.

E indo aínda máis atrás no tempo, saibamos que en Alfoz do Castro de Ouro se homenaxea a 26 veciños do concello que foron asasinados polos franceses hai agora douscentos anos. Os seus nomes figuran xa nunha placa do escultor Puchades, colocada no monolito conmemorativo.

Celebramos o Día de Difuntos na seguridade de que ó lembralos seguen a estar vivos. Que deso se trata: a lembranza garante a pervivencia dos seres que quixemos algún día. E permanecen vivos en nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES