Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A relación de axuda

miércoles, 28 de octubre de 2009
Todos nos vemos na responsabilidade de botar unha man para axudar a alguén nun intre de necesidade, para saír dun apuro ou mesmo para atender a un familiar.

Unha das preguntas que nos facemos con frecuencia: E como vou eu axudar se ninguén me ensinou esas habilidades? Porque todos concordamos en que unha cousa e querer axudar e outra moi distinta, facer as cousas con proveito e beneficio para a persoa auxiliada.

Hai un principio moi antigo en medicina, en bioética, en traballo social e en pedagoxía que vale para toda actuación coas persoas: “Primum, non nocere”. O primeiriño de todo, non facer mal, non danar. Por iso cómpre un mínimo de sentido común e unha boa preparación xeral nos procesos de acompañar a algúen nas distintas actuacións que tentemos levar a cabo nesa arte de axudar, de educar, de coidar, de aconsellar, etc.

Desde mediados do século pasado foise abrindo paso, primeiro no mundo anglo-saxón e, logo, xa entre nós, esa habilidade que se deu en chamar na psicoloxía humanista: A relación de axuda.

Calquera voluntariado que queira ser serio ten de prepararse nesta disciplina se pretende cumprir co principio denantes enunciado.

Nesta arte de coidarnos e de coidar ao coidador iremos dando paulatinamente unhas pistas que, anque xerais, poden ir abríndonos camiño para mellor documentarnos nesta tarefa tan importante da solidariedade, na que sen dúbida todos sentimos anceios de proxectar a nosa vida.

Por hoxe imos ficar cunha definición descriptiva que xa nos pode aclarar algúns conceptos:

A Relación de axuda é “a arte de acompañar a outra persoa para afrontar as súas dificultades, resolver os seus conflitos, vivir o máis sanamente posíbel no medio da súa enfermidade ou problema, promovendo para iso ao máximo a liberdade e a responsabilidade do destinatrio da axuda, ofrecéndolle como recursos desa axuda precisamente os elementos máis propios e axeitados da comunicación interpersoal, apoiada en feitos, actitudes e habilidades de interacción persoal”.

Unha boa comunicación é unha ferramenta terapéutica esencial que nos conduce ao principio de autonomía, ao consentimento informado, á confianza mutua, á seguridade persoal e á información que toda persoa necesitamos para sermos nós memos, para deixarnos axudar e para mellor axudar aos demais. Se melloramos un pouco a comunicación, xa solucionamos moitos medos e malos entendidos que nos fan sufrir.

A todos nos gusta ser algo máis felices. Seguiremos debullando esta temática seductora.

Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES