Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ramón Verea, inventor da calculadora

lunes, 26 de octubre de 2009
A profunda crise económica que padecía Galicia a fins do século XIX obrigou a moitos galegos a buscaren remedio aos seus problemas no continente americano. Alberto Vilanova, un escritor ourensán afincado en Buenos Aires, autor da biografía máis completa sobre Manuel Curros Enríquez, publicou a biografía de todos aqueles que salientaron polo seu labor profesional ou social. Na súa obra “Gallegos en la Argentina” hai un estenso capítulo dedicado a un estradense nado na parroquia de Curantes, que foi xornalista e inventor: Ramón Silvestre Verea García.

Verea García é un personaxe descoñecido para o gran público. Exerceu o periodismo en Estados Unidos e dirixiu varios xornais. Libre pensador e liberal de conciencia que tiña o seu ollo posto nas iniquidades, nas monarquias, nos dogmas, na especulación relixiosa e dos ditatores, aos que combatía coa pluma desde as súas publicacións. Por este motivo tivo que abandonar os Estados Unidos. Olimpio Arca Caldas, historiador estradense, vén de publicar a súa biografía, nunha coedición do Foro E. Peinador, Concello da Estrada e Secretaría Xeral de Política Lingúística.

Ramón Verea foi moito máis ca un xornalista combativo; foi un “investigador artesán”, en acaída calificación do profesor Ricardo Gurriarán. A Verea débeselle a invención da calculadora. Uns artiluxio que resolvía operacións consistentes en sumas e restas, inventando por outros con anterioridade, engadíndolle as posibilidades de multiplar e dividir.A súa calculadora resolvía en dez segundos a difícil operación de multiplicar unha cantidade de dez díxitos por outra de seis. A multinacional IBM garda no seu museo en New York a máquina que revolucionou o seu tempo. Malia ter rexistrado este aparello, Ramón Verea morreu na máis absoluta pobreza en Buenos Aires, sendo levado o seu cadáver ao camposanto polos dirixentes do partido socialista arxentino.

O Foro E. Peinador, que vén traballando arreo desde hai anos pola incorporación da lingua galega nas actividades empresariais, aproveita o centodez cabodano do pasamento de Ramón Verea e convoca na Estrada unha xornada aberta de debate o día 23 do mes que andamos co rubro “Economía e Identidade”, no que vai participar un numeroso grupo de empresas acreditadas en Galicia: “IBM”, ”R Telecomunicacións”, “Xesgalicia”, “Celtic Estores”, “Factorias Vulcano”, “Egatel”, “Itelsis”..., na que os directivos respectivos exporán as bondades da estratexia consistente en unir rendibilidade e identidade nos negocios a través da incorporación da lingua galega nas actividades empresariais.

O Concello da Estrada, a través da Concellería de Industria, participa na programación coa descuberta dun monumento na parroquia de Curantes, onde se celebrará o homenaxe, incluída a presentación da biografía de Ramón Verea García. Unha oportunidade que será aproveitada para renderlle tributo de merecida admiración e recoñecemento polas súas virtudes éticas e inventivas. Ramón Verea é, por dereito propio, un representante cualificado no desenvolvemento das tecnoloxías ao servizo das empresas e da humanidade.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES