Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O poder do que debe

miércoles, 21 de octubre de 2009
En tempos de máxima inflación, a persoa ou negocio que debía diñeiro ós bancos tiña consigo o mellor aval, como aforrador e como xestor.

Porque ó deber ós bancos, supoñíase que o diñeiro obtido en préstamo estaba adecuadamente invertido. E como -grosso modo- a inflación anual viña sendo parella co interese aboado, moi mal tiñan que ir as cousas para non obter un sustancioso beneficio polo feito de deber.

Era o tempo en que as débedas dunha persoa daban imaxe do seu patrimonio, porque as entidades crediticias -sempre conservadoras e nada dadas ó risco- só proporcionaban cretos a aqueles prestatarios que tiñan propiedades abondas que os avalaran.

Estamos no mesmo, aínda que por razóns diferentes.

Na actualidade, o que consegue préstamos bancarios ou de caixas de aforros ten asegurada boa sona como cliente, xa que as garantías necesarias para un creto son expresivas abondo da boa saúde económica de quen o solicita.

E a pesar de tanto “amarre” por parte das entidades económicas, están tendo un cinco por cento de morosos, cifra insólita ate agora, que ten visos de seguir aumentando.

O tema dos cretos para particulares e empresas non acaba de solucionarse, e as cousas van como van porque o diñeiro non circula coa “alegría” de sempre, e todos os actores desta gran farsa social miran de lado e gardan cartas -e cartos- á espera de que o ceo claree e deixe de ameazar a tormenta perfecta.

Pero o que consegue o favor do banco ou caixa, é alguén que merece ser posto como exemplo de diferencia. Hoxe coma ente, os prestatarios de créditos seguen a ser a elite da nosa sociedade.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES