Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presenten armas!

lunes, 19 de octubre de 2009
As misións de paz ou de guerra do Exército español no extranxeiro, veñen poñer de actualidade -ás veces tráxica- as súas actividades, precisamente nun tempo en que os exércitos parecen non ser os estamentos máis vitais ou esenciais da convivencia dun país.

En tempos nos que non estaba tan regulamentado todo, acceder ós corpos e forzas da seguridade do Estado era relativamente fácil, e polo que ó Exércicto se refire, ou ben se accedía polas academias militares no caso dos mandos, ou despois do servizo militar os reenganches facilitaban o pase á profesión militar case como un trámite.

Na actualidade hai xa cinco candidatos por cada plaza de soldado no Exército, téndose aumentado fortemente as solicitudes nos últimos tempos pola crise económica que convirte destinos modestos en apetecibles postos fixos cunha dotación máis que correcta.

É curioso o reparto dun incremento de peticións que no caso global de Galicia foi do 74% nos dous últimos anos, pois mentras que en Pontevedra o incremento de solicitudes para ingresar no Exército foi do 98%, en Ourense do 81%, e na Coruña do 69%, en Lugo descendeu un 0,3%.

Nos nove primeiros meses deste 2009, un total de 3.500 galegos presentaron petición de incorporación a filas como soldados profesionais. Eso, a pesar de -ou gracias a- os destinos en Afganistán, Líbano ou Bosnia.

Para esto non parece haber obxección de conciencia, que unha cousa parece ser aquela vella prestación obrigatoria do servizo militar, e outra un posto de traballo fixo, permanente, no que as armas son a ferramenta de traballo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES