Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O gran e a palla

lunes, 19 de octubre de 2009
Hai algo máis dunha semana escribín sobre un “clan” do cal me honro en pertencer, que non é outro có dos Amigos do Couto Mixto que tanto levan feito por poñer en valor un anacronismo social (pero non menos có de calquera catedral), tomándoo como desculpa para que as institucións –e os viaxeiros- reparen definitivamente nel.

Con tal motivo centreime na recomendación que o Bispado, por boca do seu vicario xeral, lle fixo á asociación para que en sucesivas edicións procurase un lugar alternativo á igrexa de Santiago de Rubiás para celebrar os encontros anuais.

Do que non falei –nin eu nin ninguén- foi dunha comunicación que nantronte me fixo chegar o presidente da asociación e que, por mor de que os medios se centraron no máis noticiable -que é sempre o que máis preto está da polémica-, non transcendeu, malia ó alto rango do remitente da devandita felicitación.

Como acabo de sinalar, enviouma o benquerido Luís García Mañá, apesarado porque de cara á opinión pública o que ó remate do acto transcendeu foi a cuestión da permanencia ou non da sede clerical e, sen embargo, ninguén recolleu que nun intre do acto, entre outras, foron pronunciadas as seguintes palabras:

“La cooperación transfronteriza en la Unión está llamada a desempeñar un papel clave dentro de esta estrategia, la cual será firmemente impulsada por España durante su próxima Presidencia del Consejo de la Unión Europea, y en este sentido estoy convencido de que, tras un devenir histórico caracterizado por su singularidad, el Couto Mixto está llamado a representar un ejemplo señalado de cooperaicón transfronteriza en Europa”.

O autor das mesmas foi o Secretario de Estado para a Unión Europea, Diego López Garrido, e malia a que o meu abano de lectores é o que é, quixen reproducilas para separar o gran da palla. E gran é que os ecos deste proxecto teñan chegado tan lonxe, cando hai tan só dez anos, ninguén –a non ser García Mañá- sabiamos nada del. O resto é palla, é dicir, ren.

Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES