Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Burros de Foz

jueves, 08 de octubre de 2009
Acábanse os burros. Augura un experto que, de non tomarse medidas, no prazo de tres décadas non quedará un exemprar dos pacientes e sufridos asnos que dende tempos inmemoriais viñeron prestando importante servicio á Humanidade. Tempos houbo nos que en Foz o burro era moi apreciado e considerado; algúns acadaron popularidade e son moitas as anécdotas a que deron lugar. O burro foi, ademais, valioso auxiliar de todo un colectivo de fondas raíces na evolución económica e social do pobo: as pescantinas. A “vendedora” que pregoaba o producto, azuzando a un tempo ó animal, era estampa cotiá polas estradas e corredoiras da bisbarra. O asno, para tal menester, debía de ser de paso curto e miudo, para evitar o deterioro da mercaduría co violento vai-ven da marcha; daí que o burro da pescantina era sempre do xénero feminino.Na memoria gardamos algúns episodios que en certa medida reflicten o medio social, cultural e económico da época. Así se explica, por exemplo, que Emiliano da Cangalla, a quen roubaran o burro que gardaba na cuadra, tivera que desprenderse da prenda para él mais preciada: un fermoso acordeón, artísticamente decorado con diseño de nácar, chegado de alén mar, que coidaba con todo esmero. Ante a dificultade de achegar recursos para mercar un novo burro, vendeo rifas para o sorteo do instrumento nun baile domingueiro no salón de Ramón María de Cao.Un rucio popular fora “Tilín”, de anatomía émula de Platero… Antón de Carballido, o dono, déralle un duro traballo: tirar da vagoneta que da canteira do Rego de Foz levaba a pedra para construir as Casas Baratas. Pero o burro que sen dúbida acadou maior popularidade foi “Pedro”. miúdo, arrogante, fiel compridor do seu cometido, pola visita diaria a certas tendas, por razón de traballo, gañouse o afecto de moitos parroquianos. Mañoso para franquear o aposento, boa parte das noites as pasaba á luz da lúa, o que lle daba certa sona de romántico e mesmo de “ligón”. “Pedro”, o burro, que, da feira de San Froilán, chegara a Foz en 1944, foi personaxe popular e querido. Pola onomástica tomaba as súas cañas de cervexa, adozaba a padal cun feixe de caramelos e na cabeza lucía un penacho de flores.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES