Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

16 anos

miércoles, 07 de octubre de 2009
Non hai moito tempo, a maioría de idade conseguíase ós vinteun anos, e os rapaces independizábanse pouco despois ou aínda antes, que os fogares non permitían a permanencia neles a persoas en condicións de gañarse a existencia en tempos difíciles.

O límite baixou ós dezaoito, tendo en conta o cambio dos tempos, o maior nivel de formación e a realidade social. Como simultáneamente melloraron as condicións económicas e sociais, os rapaces e as rapazas foron retrasando a súa independencia deixando o fogar moito máis tarde, chegándose na actualidade a superar os trinta anos como media para o abandono da protección familiar directa.

O Goberno ven de dar un paso máis en canto ó recoñecemento da madureza da xente moza, e aproba unha lei que permite ás rapazas decidir sobre os seus embarazos ós dezaseis anos, en contra da opinión de algúns expertos que situaba ese límite nos dezaoito anos.

A decisión tomada pode ser un adianto dunha reducción do límite da maioría de idade, ou pode ser simplemente unha alegría legal difícilmente comprendida polas familias que entenden que os dezaseis anos é unha idade moza para a formación máis que para a decisión, especialmente en temas vitais para o futuro.

Falta por ver se esa apertura legal permitirá unha aínda maior acomodación dos mozos nuns fogares que antano parecían pesarlles na alma, mentras que na actualidade -polas comodidades que o nivel económico permite- parecen ser o lugar perfecto para desenvolver unha mocidade sen maiores responsabilidades.

Certo que os coñecementos, a responsabilidade, a madurez, non son producto exclusivamente da idade dos mozos. Pero en principio, por moito que a sociedade teña avanzado, ou se baixa o límite da maioría de idade ós dezaseis anos, ou a barreira dos dezaoito está posta por algo, e rexe para todo. Mentras non se decida outra cousa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES