Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Villarabid

viernes, 02 de octubre de 2009
Villarabid Coñecimos a Villarabid a principios dos sesenta. Entón -hai mais de 40 anos- ambos comezábamos as nosas andainas en El Progreso. De contado fixèmonos amigos: amais de colegas (os dous libreiros e impresores), eran moitas as afinidades: aficións, ilusións, proxectos e mesmo amizades. Durante un tempo compartimos tarefas directivas na Federación de Libreiros de Galicia: cando ésta diu luz verde á Feira do Libro de Foz, él era o seu vice-presidente, o que fixo que a cotío as visitase, e durante anos a súa librería presentou “stand” na mesma. Impelidos por idénticas inquedanzas, foron moitas as iniciativas nas que ambos participamos, sempre en actividades gremiais de orde profesional, cultural, social ou lúdico. No mes de maio de 1987 Canco, o 2º dos seus sete fillos, estudante no Conservatorio de Música de Madrid, ofreceo un recital de piano no Clube Náutico de Foz, do que este cronista era Presidente. O hoxe prestixoso musicólogo: compositor, intérprete e director de orquestra e coros de música selecta, estivo en mais dunha ocasión, recentemente, na basílica de San Martiño, traído pola programación “Artes no Camiño” do Xacobeo, dirixindo o grupo “Ars Combinatoria”: as súas actuacións foron outros tantos éxitos. Víctor Villarabid era un fondo coñecedor da provincia, que percorría a cotío. Experto na temática xacobea ten varios libros publicados. De un deles, “El Camino de Santiago en Galicia”, fixemos en Foz a presentación de obra e autor. Transcurrido algún tempo, en Sarria, da man de Víctor, presentouse o noso “Foz: o mar e as xentes”.A última visita á Mariña Central foi na primavera de 2007, coa cámara ó lombo, para captar imaxes e participar no concurso fotográfico “A Ruta Pardo de Cela no Camiño Norte” que organizara “ O Mundo de Galea” Pouco tempo despois compartimos mesa e manteis en casa amiga, coa súa inseparable Rocío; quedamos entón emplazados para próxima xuntanza que sería na súa casa sarriana. De súpeto destapouse a enfermidade irreversible e a cita quedou invalidada para sempre. A semana pasada voltamos a Sarria, pero esta vez co ánimo tristeiro e o corazón magoado: era o definitivo adeus a quen ó longo de medio século fora un amigo entrañable: Víctor L.Villarabid.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES