Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tres aeroportos nun

miércoles, 30 de septiembre de 2009
Galicia ten tres aeroportos, precisamente na zona máis beneficiada pola fortuna, o occidente: A Coruña, Santiago e Vigo. Ningún no interior, aínda que Lugo -na Terra Chá-, no aeródromo de Rozas, teña o mellor espazo natural para este tipo de instalación, o mesmo que en Ribadeo existe unha pista de aterraxe e despegue.

Os tres aeroportos están sufrindo unha fortísima competencia do portugués de Oporto, onde os viaxeiros non dubidan en acudir a pesar da distancia, para disfrutar de mellores condicións económicas, nunha sangría que a economía galega non pode soportar sen actuar dalgún xeito.

A Xunta e o Ministerio de Fomento traballan nunha acción que consiga a actuación conxunta dos tres aeoroportos galegos para coordinar ofertas, captar voos, ofrecer condicións competitivas e evitar que calquera viaxeiro que parta de Galicia teña necesariamente que atravesar en coche medio Portugal.

Afírmase que considerando os tres aeroportos en conxunto como un ente único, non competirán entre sí senón que conxuntamente serán moito máis competitivos de cara ó exterior.

Con esto de que estamos en Europa, hai liberdade de movementos entre países, e Oporto pode perfectamente competir con calquera instalación desta banda do Miño, e ben mellores teñen que ser estas condicións cando en lugar de acudir a calquera dos aeroportos galegos recorremos varios centos de kilómetros para coller o avión.

A apertura de fronteiras é moi boa porque permite elixir, da liberdade e permite obter as mellores condicións. Peor tamén esixe maior especialización, competitividade, inxenio. E neso estamos, que hai que moverse, espabilarse, e facer que as instalacións galegas funcionen dun xeito máis dinámico e económico. Polo ben de todos.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES