Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel María (home de ben, chairego noso)

miércoles, 30 de septiembre de 2009
Hoxe máis que nunca eu quero
ler a través da miña Lingua.

E por iso… Manuel… nestes versos…
que todos levan o teu nome…
máis que nunca me obrigo
a estar nos desexos de imaxinar belezas
Para que a miña mirada , Manuel…
non sexa unha tépeda brétema.
que como afogándome… non me deixe ver…
máis aló dela mesma.

Hoxe máis que nunca eu quero
ler a través da miña Lingua…

Pois eles e elas… que non din en voz alta todo o que pensan…
coma corvos… cordialmente… válense de nós…
e dinnos pobo…
E claro que somos pobo… e verdadeiro…!
Pero non tardan… e a emendas de falsidades…
ferintes… aproveitan para nos negar,
para nos excluír e para nos reprimir…
A quen somos pobo verdadeiro…!

Hoxe máis que nunca eu quero
ler a través da miña Lingua…

Para bradar co corazón apretado…
o SI de dignidade e o SI da rebeldía neste meu pobo…
a loita polo posible e polo imposible…
na utopía que nos debe definir…
Porque os nosos soños non morreron
Porque este día coma onte… non pode ser mañá.
Por iso queremos, Manuel… que este día sexa especial...
indo a punto e seguido... na palabra nativa… e sempre…!

Hoxe máis que nunca eu quero
ler a través da miña Lingua.
Otero, David
Otero, David


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES