Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Votacións para a independencia

miércoles, 16 de septiembre de 2009
É impensable polo de agora que en Galicia se promova, por un concello ou unha entidade asociativa, un referendum ou unha consulta en relación coa posibilidade de que este país se independice da nación española. Polo de agora. Como tamén é impensable que a consulta teña a escala do estado español a repercusión informativa que tivo a que este domingo se celebrou na localidade catalana de Arenys de Munt.

En Cataluña están agardando pola resolución do Tribunal Cosntitucional en relación co novo Estatuto catalán, teméndose que algúns dos seus artigos non consigan pasar polas canles que marca a Constitución Española para toda a normativa autonómica.

E por se a resolución non coincide cos desexos dos autonomistas ou independentistas, teñen organizada ampla campaña de declaracións e accións, desde hai ben tempo. Claro que a resolución leva case tres anos facéndose esperar.

O da consulta popular celebrada o pasado domingo non é máis que un chanzo na escaleira de subida ou baixada da campaña que ambienta a longa espera pola resolución do Tribunal Constitucional.

A votación obtivo máis participación que moitas eleccións de representantes populares, e a inmensa maioría dos votantes apoian a idea de que Cataluña debe ser independente.

Nós, os galegos, somos espectadores lonxanos da estratexia dun pobo que sabemos que nos leva unha longa dianteira e – a diferencia de nós- están afeitos a conseguir o que pretenden, tendo dentro das súas pretensións unha decidida vocación primordialmente económica. Por ahí van os tiros.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES