Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha triste historia

martes, 08 de septiembre de 2009
A historia repítese indefinidamente. Polos anos trinta os focegos -hai testemuños- pedían unhas instalacións portuarias fora da ría, única solución para facer do de Foz “un porto practicable sen os múltiples atrancos de barra pechada” Anos mais tarde -xa no franquismo- construese, con moi forte inversión (preto de 50 millóns de pesetas da época) os muelles que hoxe, fundamentalmente, acollen as barracas das festas e os postos do mercado. O erro transcendental de entón nunca se reparou. Ó longo de tantos anos lévanse “botados ó mar” nesta sufrida ría moitos millóns de pesetas sen solucionar o problema que levou á actual inacción do porto, e á practica desaparición da súa actividade pesqueira e derivadas, e sen visos de futuro para a nova modalidade náutico-deportiva. De cando en vez os políticos, acaso intentando lavarse a faciana, anuncian algunha actuación no porto ou o litoral que nos poñen a tremer, porque a experiencia acumulada di que non hai alternativa: ou sálvase a barra ou é todo perdido.Os sucesivos rexidores endexamais quixeron “agarrar o touro polos cornos” e ir á solución definitiva, que pasa inexorablemente pola dotación dun porto exterior, e de vez en cando entreteñen ó persoal co anuncio ou a execución de obras que só conseguen o deterioro da morfoloxía da ría, sen aportar solución algunha. Un dos recursos ós que apelan nos plantexamentos demagóxicos, coñecedores da súa ineficacia, é a do dragado da ría ou a dársena: os vellos de Foz somos testemuñas de varias destas actuacións ó longo dos tempos, que sempre foron inútiles: a area volta de contado a ocupar as súas posicións e vólvese ás andadas. Hai como ano e medio visitou Foz quen daquela era Presidente de Portos de Galicia, en xuntanza “ad hoc” á que, entre outras persoas, asistíu este cronista. A intervención da Autoridade foi o de sempre: as mesmas demagoxias, o “escurrir o bulto” ante as reivindicacións dos presentes e tamén -¡faltaría mais!- que de inmediato se dragaría. Evidentemente non o fixeron, pero, eso sí, a piques estiveron de masacrar a praia da Rapadoira instalando nela pantaláns para o amarre de lanchiñas. Hai poucos días os novos mandamais da cousa estiveron na vila, e outra vez as mesmas decraracións: ¡van a dragar! ¿Para qué?. É ésta unha triste historia que nunca remata.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES