Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Procesión presidencial

viernes, 04 de septiembre de 2009
Procesin presidencial En tempos aínda non moi lonxanos, a esquerda distinguíase por alonxarse de crenzas tradicionais, fuxindo por escaldados historicamente de cultos e igrexas que parecían totalmente incompatibles coa cultura de progreso que as forzas que renacían proclamaban profesar.

Como todo se estabiliza, tamén neso houbo un conveniente aggiornamento, e na actualidade conviven perfectamente os credos políticos e os relixiosos, tendo mostras ostensibles de xentes conservadoras que como mínimo son tibios nos eidos das prácticas relixiosas, e xentes de credos políticos socialistas ou nacionalistas que teñen magníficas relacións coa Igrexa, e mesmo cren e practican o que a Igrexa proclama.

Ven esto a conto porque hai uns días me chamou a atención unha foto do Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, portando as andas na procesión do Santo Bartolo no concello lucense Riotorto, con motivo das festas patronais. Foto que, por certo, ven acreditar unha normalidade de relacións entre os poderes políticos e as crenzas, facilitada polo fervor popular que se desata nas festas patronais.

Cando eu era máis novo teño sido levador, tanto de andas de santos en procesións rurais como en enterros familiares, e teño unha certa experiencia nestes labores, que esixe similitude de talla entre os levadores, de xeito que a min que non son moi alto sempre me tocaba diante poñendo detrás ós máis altos. O peso viña para os de diante, pero a estética esixía esta colocación.

Pero en Riotorto tiñan un problema: ¿Como colocamos detrás ó Presidente?. E, aínda tendo un bo tipo, colocárono diante, co que os de atrás tiñan que erguer do santo para equilibrar estaturas.

Non vin a foto -que me impactou agradablemente- publicada en ningún medio informativo. E coido que a imaxe, como impacto político-relixioso, merece a pena. Por eso a publicamos aquí, que Internet chega a todo o mundo, para proclamar “urbe et orbe”, que o que hai anos parecería un milagro, entra perfectamente na normalidade actual.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES