Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Defensor do pobo

jueves, 03 de septiembre de 2009
A primeira noticia que tivemos deste cargo foi cando coñecemos a existencia do “ombudsman”, nos paises nórdicos, para a defensa dos dereitos das persoas frente ás institucións e a sociedade.

Logo, en España houbo “Defensor del pueblo”, sendo o primeiro Joaquín Ruiz Jiménez (recentemente desaparecido), ministro significado de Educación nos tempos de Franco, que dignificou o cargo e como tal pasou á historia. E as comunidades autónomas tiveron defensor similar que, no caso de Galicia, se denomina “Valedor do pobo”.

O actual Defensor en España chámase Enrique Múgica, prevéndose que o seu mandato constitucional remate o próximo mes de xuño. E os círculos políticos andan na percura de candidatos para comezar a xogar co nome e as características dos posibles aspirantes a tan noble e difícil cargo.

Francisco Vázquez, actual embaixador de España no Vaticano, parece ser un firme candidato a Defensor, e de falar ben del encárgase o Partido Popular, en principio forza política oposta ós postulados de Paco Vázquez e do Partido Socialista en xeral.

Algo anda mal nos mundos da política cando, para un cargo que se precisa un pacto entre as dúas primeiras forzas políticas, un posible aspirante socialista ten conquistados ós do Partido Popular mentras que os do seu propio grupo miran para outro lado.

Foi sempre un díscolo o Señor Vázquez e na Coruña fixo unha política municipal coruñesista, moi por diante do que o seu partido opinara. Roma foi un destino de dorado exilio, como no seu momento a embaixada inglesa de Fraga Iribarne.

Francisco Vázquez non pode volver en silencio da embaixada italiana. E sería unha honra grande volver como “Defensor del pueblo”, mediante un acordo entre os dous partidos maioritarios.

Pois parece que o apoio do PP -supostamente máis difícil- xa o ten conseguido. Só falta que os seus recoñezan a súa traxectoria, garden as navallas, e se deixen defender polo histórico alcalde coruñés.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES