Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O latín

lunes, 31 de agosto de 2009
Non é malo en si o latín, senón todo o contrario. Aínda que non se trate dunha lingua “viva”, ó ser a nai de outras moitas -entrelas as dúas nosas- merecería ser axeitadamente cultivada e incluída en todos os plans de estudios.

Recuperar o latín como coñecemento e práctica, coidamos que sería moi saudable para o mundo da educación e para a formación dos nosos estudiantes.

Sen embargo, se se trata de volver atrás no tempo e verquer ó latín as celebracións relixiosas cotidianas xa é outro tema e convértese en materia de discusión.

Quedan moi lonxe -Vaticano II e catro décadas polo medio- aquelas longas cerimonias en latín, de costas á xente, onde ninguén entendía nada e todo se baseaba na distancia e nunha fe cega.

Os celebrantes deron a volta hacia o pobo, modificáronse os altares, pasouse ó castelán primeiro e algo ó galego despois. E pasou o tempo.

Nestes comezos do século XXI parece existir unha volta ó pasado, case sen pasar polo presente. E unha Igrexa que aínda non asimilou o galego, témese que volva ó latín para -suponse- volver ás orixes.

Non vai orixinar un cisma, pero si crear controversia entre dous sectores ben diferenciados dunha Igrexa que ten que ser consciente da necesidade de máis contacto directo e vencello cos galegos.

Volver ó latín nas cerimonias relixiosas pode quedar ben para as celebracións espectáculo. Pero á Igrexa galega non lle vai sentar ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES