Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Candados

viernes, 28 de agosto de 2009
Hai unha tendencia en procurar atar cousas que o tempo e as conductas humanas tenden a desatar ou alomenos relaxar.

Curándose en saúde, moitos namorados pechan un candado nun lugar público e, se é posible, proclive ó romanticismo, tirando as chaves a un río ou ó mar, simbolizando a súa unión coa dificultade de que o candado sexa despechado e retirado daquel lugar.

Eso ocorre en Roma, en Florencia, en Barcelona ou en Sevilla; prácticamente en todo o mundo porque, gregarios como somos, tendo coñecemento ou vendo eses exemplos vividos por outras parellas, tendemos a participar do mesmo xeito, polo si ou polo non, tentando facer eterno o que ó mellor só é flor dun día.

Non é máis ca unha nova manifestación das vellas tendencias de tirar moedas a fontes famosas para conseguir volver velas na mesma compaña, cheos os dous de felicidade.

En Lugo, o dos candados é moi vello. Remóntase a tradición, como mínimo, ós duros anos da postguerra nos que os rapaces da provincia facían o servizo militar en instalacións do exército, e pasaban polo Cuartel de San Fernando no momento de licenciarse. Nese momento, o candado que pechaba o macuto das súas magras pertenzas, retirábase daquela propiedade militar e pechábase na verxa exterior do xardín do cuartel como símbolo de ter superada a difícil proba dos servizos á patria.

O cuartel de San Fernando xa non é cuartel. A rexa exterior xa non existe. Os candados desapareceron.

Eso non quere dicir que os antigos quintos non poidan seguir disfrutando da felicidade que producía a súa liberación. Polo que se ve, o boandanza dos candados funciona, aínda que os candados desaparecesen do seu lugar.

En canto ós candados pechados polo amor, punto e aparte. As reglas do amor funcionan como un “paso a dous”, e nin todos os candados do mundo poderían garantir nada se os dous non queren. Ou, como di o refrán (“dous non reñen, se un non quere”), dun dos dous.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES