Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

70 anos despois...

miércoles, 26 de agosto de 2009
O 1 de decembro de 1939 os Hermanos de la Instrucción Cristiana inician as crases no Colexio do Sagrado Corazón, para cumprir disposicións testamentarias do matrimonio Martínez-Otero que, ó ceder a súa fortuna ó pobo de Foz, foron os maiores benfeitores da súa historia. Cinco anos antes inaugurárase o Asilo de Anciáns, outro baluarte do legado dos filántropos, que durante os últimos tres cartos de século desenvolveo un admirable labor social e de atención á vellez…¡en qué tempos! Hoxe que, en comparanza, vivese na opulencia e as administracións públicas ventilan millóns árreo, a xulgar polos derroches cotidianos, a obra aparece envolta por mouros nubarróns que políticos e gobernantes non son quen de despexar. Preto de medio cento dos que foron alumnos pioneiros daquel colexio, entendendo por tales os que asistiron ás crases nos seus inicios na que hoxe é a Casa da Cultura, tamén doada pola parella, celebraron o pasado domingo unha xuntanza, con un só fin: lembrar aqueles afastados tempos de adolescencia e xuventude; a convivencia nas aulas e o seu entorno, en épocas nas que a falta de recursos, de liberdade, de medios de todo tipo ou sexa, de pobreza, non lograron frustrar a felicidade que sempre trascende dun período da vida que a distancia magnifica e do que esquece as penurias. O poeta francés, Novalis, dixo que “os recordos son o único paraíso do que ninguén pode expulsarnos”; e ese foi o goce destes septuaxenarios ós que a vida levou por distintos camiños, nos que inevitablemente se mesturaron as rosas e as espiñas, para xuntalos novamente, 70 anos despois, nunha convivencia de franca camaradería, só empañada pola ausencia dos compañeiros a quen a Pálida, coa súa chamada irreversible, levou xa a outra galaxia… A aqueles nenos e mozos pasáronlles polo lombo tantos anos e tal evidencia trae á memoria as verbas da poeta colombiana Olga Thams: “ No es el tiempo el que pasa. Eres tú que te alejas hacia la sombra, y vas dejando caer, como el que se despoja de sus bienes, todo aquello que amaste: las horas que te hicieron la dicha; amigos, sueños inacabados. Al final, casi vacías las manos, te preguntas en qué momento se te fue la vida, se te sigue yendo, como un hilo de agua, entre los dedos…” Foi un feliz reencontro para a nostalxia.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES