Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xornadas históricas

miércoles, 19 de agosto de 2009
Un ano mais felicitamos á “Pomba do Arco” por estas xornadas que, como é habitual, foron un éxito. Ós catorce anos do inicio das mesmas non é doado seguir extraendo temas locais que esperten o interese das xentes ou acceder ás persoas idóneas para tratar as distintas ponencias. Certo que non todas, como é obvio, acéptanse por igual e, polo tanto, a audiencia fluctúa en función da variante: que o asunto a tratar sexa mais ou menos popular, que non sempre tal calificativo é parello á súa importancia obxetiva; que incida dun xeito ou doutro na curiosidade ou predisposición colectiva, nos seus gustos ou preferencias, etc. Pódese afirmar que a asistencia media foi moi satisfactoria, o que confirma a aceptación, que ogallá sirva de acicate para pensar nas do vindeiro ano, xa anunciadas. Fidalgos focegos e a Casa Grande de Marzán, cuestión novidosa que afrontou co rigor que acostuma o historiador local Juan Ramón Fdez. Pacio; a emigración a Cuba que relatou o estudioso da epopeia migratoria galega, o xornalista Martín Fernández, focego de Cangas; o dramaturgo e galardoado promotor de grupos teatrais en varios pobos da comarca, Francisco Piñeiro, que explicou a evolución destes a través da historia, pechando as xornadas o cronista oficial da provincia, o prestixoso xornalista Juan Soto: os periódicos na Mariña de 1900 a 1930, na que fixo alarde dos seus amplos coñecementos, da ironía e o sentido do humor que o caracterizan. Temas que compracían o interese e a curiosidade de moitas persoas que tiveron a oportunidade de velas satisfeitas por auténticos expertos nas distintas materias, polo que esta actividade, de xa longa vida, é un feito cultural importante de cada verán na nosa vila. Francisco Piñeiro, no seu relato, lembrou ós devanceiros que en tempos mais difíciles que os de hoxendía, foron quen de cultivar o gusto polo teatro promovendo e dirixindo obras que se representaban polos escenarios das nosas vilas e aldeas. En Foz temos acaso o exemplo de maior idade posiblemente de toda Galicia: dona Inés Díaz, que na compaña do seu marido, don Ramón Fdez. Quiroga, participaron nese labor. Mágoa que os organizadores, no marco da charla de Piñeiro, non tivesen coa venerable dona -97 anos de idade- un xesto mínimo de recoñecemento público e de agarimo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES