Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

30 anos

miércoles, 12 de agosto de 2009
Un número redondo. Pero o tempo en abstracto, non existe, sería un baleiro. Só hai emocións, feitos, acontecementos…, que van arrequentando, os anos, e son os que miden e sopesan os días. Coma dicía, Manuel María, santo e seña do Festival de Pardiñas, “e cando chegue o maduro Outono, ateigado de esperiencia e sabedoría, ordenar, dentro de nós, ensoños e sentimentos e acomodalos no noso corazón do mesmo xeito que os nosos devanceiros poñían o millo nos hórreos”. Quizais esta festa aínda non roza o seu outono, porque a vivimos co fervor da primavera, ou, en tal caso, as festas non se miden por edicións, senón, pola capacidade de sorpresa que son capaces de xerar. Entón, Pardiñas, ten correa para tempo. Pero é de loar que unha iniciativa dun colectivo civil, moi acosado nalgún momento, poida manter aceso este manancial cultural. Marabilla o xeito que teñen os de Xermolos de festexar esta efeméride, afondando na participación das e dos festivaleiros neste certame. Escaparon do fogonazo ou estoupido dos grandes astros, que como as estrelas fugaces, non impactan nas fibras do corazón, e apostaron pola xenerosidade das criaturas máis sinxelas, o vagalume, que sen alardes axuda a marcar o camiño. O balneario e a súa contorna, ademais dos grandes escenarios, vibra coa dinámica dos seus obradoiros: o das regueifas, iniciación ao grafitti, percusión brasileira, danza tradicional, xoguetes sonoros…, na procura de motivar a sensibilidade, porque vir a Pardiñas, significa sentirse creador en calquera arte… Pardiñas é a maxia das e dos nenos e mozos, máis de 800, que soñaron no mes de maio, como era o seu festival, coa palabra e os trazos e cores… E debúxano coma unha fervenza de corpos e espíritos danzando, nun río cheo de vida. O leito deste festival é a Natureza, que solda a todos nunha aperta, sen fronteiras. Este festival foi sempre un tempo e espazo para os soños, sobre todo dos máis novos, como aquel ano que a nena Susana Seivane, collía unha gaita na Mostra de Instrumentos, baixo a atenta mirada do seu avó, o patriarca dunha saga de construtores de gaita, ou Carlos Núñez, moi novo, facía brincar con Matto Congrio. Por iso, o cartel de Pardiñas, os artistas, son todas e todos os que peregrinan a este santuario da Natureza, sen entrar en competencias e listas de éxito. Só conectan co pobo, aqueles que se mergullan no caudal de augas limpas, que é a fidelidade ao patrimonio dos pobos. Xermolos celebrouno, convocando a participar no XXX Festival, con esta consigna: “FAGAMOS PARDIÑAS MÁIS FERMOSO COAS NOSAS CORES, FORMAS, RECENDOS, OLLADAS. Certame de pintura, escultura e fotografía rápidas, vídeo, tiras de cómic, grafiti…, nos 30 anos de Pardiñas”.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES