Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A hora dos eólicos?

viernes, 07 de agosto de 2009
Os galegos agardamos e merecemos que sexa chegada a hora dos eólicos. A hora en que os galegos, directamente ou a través das institucións municipais, nos aproveitemos da riqueza que se obtenía nos nosos montes cos xeneradores coñecidos como “eólicos”.

Símbolos de progreso, coroan os nosos montes en lugares que sempre gobernou o vento, non aptos para ningún cultivo, e que só en tempos permitiron medrar en liberdade a parte máis libertaria do noso gando.

O último concurso de adxudicación destes “muíños” xigantestos non pareceu deixar satisfeito a case ninguén. Nas nosas xentes, porque o proceso quedaba moi lonxano. Nas empresas participantes, por sospeitas. Na clase política, pola urxencia demostrada polo bipartito por sacar o tema adiante, aínda que as críticas foran lexión, baseadas na falla de trámites ou avais de organismos ou especialistas.

Agora, o goberno da Xunta inicia os trámites para a remoción daquel resultado pretendendo que a nova adxudicación sexa máis clara, máis precisa, máis xusta, e responda mellor ás nosas necesidades. A fin de contas, vólvese atrás unha situación que xerou todo tipo de dúbidas, e comeza de novo un tempo que se agarda claro e limpo.

Se, por fin, é a hora dos eólicos, agardemos que sexa para ben de todos. Mesmo dos adxudicatarios, que non verán cuestionado o seu dereito á explotación dos medios de xeración dunha enerxía limpa e inesgotable. E que todos os galegos, directa ou indirectamente, nos beneficiemos da nova situación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES