Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Turismo en negro

martes, 04 de agosto de 2009
Segue vixente. Igual, como mínimo.

Naceu este panorama "en negro" nos tempos en que os impostos directos practicamente non existÃían e o Estado recadaba de xeito indirecto a través dos consumos todo o que precisaba para a súa existencia.

Logo, aínda que todo foi cambiando, traballar "en negro" era moi doado porque nin o público estaba acostumado a pedir e recibir factura nin as autoridades soñaban con que as empresas declarasen nada parecido ás contas reais da empresa. O caso é que si viviamos nun Estado que viña representar unha das dez ou doce primeiras economías do mundo, se se lle puidese sumar as cifras da economía submerxida, poderiamos ascender comodamente uns cantos postos.

No sector do turismo, moito segue así­ nos pequenos chiringuitos das vacacións, nas tascas dos viños ou de racións, ou nos alugueres de vivendas temporais. Turismo "negro", non porque o tempo non responda ás expectativas dos veraneantes, senón porque as súas cifras nunca verán a luz, mergulladas no inframundo do descoñecido.

Tamén por a­ ameaza a crise: nas vivendas sen alugar, nos bares vacíos, nos ambientes medio valeiros. Eso aí­nda que agora se nos diga que os galegos comezamos a pedir cretos para disfrutar das vacacións, rompendo cunha tendencia tanto por parte de peticionarios como de concesionarios, de evitar estes gastos que á larga poderí­an ser perigosos.

Esta situación non pode aparecer en cifras oficiais, porque oficialmente non existe. A estes efectos, as cifras de turismo que temos son as oficiais, e ou moi mal van ir as cousas, ou non poden máis ca mellorar se como é lóxico na normal marcha da sociedade, as cifras do turismo negro empezan a aflorar a unha superficie que as necesita para equilibrarse.

Quédanos agosto para disfrutar do verán. Da cor que sexa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES