Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os nomes do Gaiás

jueves, 30 de julio de 2009
Como todas as obras de gran magnitude que permiten asignación de nomes, a inconclusa do monte Gaiás non só ten nome propio senón tamén outros varios que encaixan no Rexistro da Propiedade Intelectual.

Normalmente, a Xunta non ten que preocuparse por estas cousas, xa que a institución autonómica ten reservados determinados nomes que responden a cuestións relativas á comunidade.

Pero neste caso os gobernantes do Gaíás tiñan maiores ambicións e convicción de quedar. E rexistraron Scenis para vinte clases de produtos, e nove para BNGalicia, ANGalicia, Monte das Artes e Alicia museo de nenos. Porque estes rexistros amparan protección para estes nomes en diversos aspectos económicos ou non, entre os que destaca o que todos coñecemos por “merchandising”.

Pois non vai ser, porque a nova Xunta non está polo labor, especialmente se se ten en conta que Arquivo Nacional, Biblioteca Nacional ou Hemeroteca Nacional non chegaron a alcanzar a confirmación no rexistro.

Hai outro aspecto sobre o que a Xunta non se pronunciou pero bastante claro está que rexistrar “BNGalicia” para a Biblioteca galega tiña unha carga de profundidade e de tempo, que seguro estaba previsto quedase como lembranza dun tempo no que o BNG artellou nestes temas, aínda que só fosen catro anos, pero con gran visión de futuro.

Como se van chamar as partes do Gaías, inda pode evolucionar. Pero agardemos que os nomes que resulten, vallan para todos.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES