Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bolonia

viernes, 17 de julio de 2009
Europa sempre foi unha descoñecida, e ségueo a ser aínda que agora estamos plenamente insertados nela. Boa proba son as eleccións europeas, nas que temos dereito ó voto pero moi poucos o execremos.

E agora, Bolonia. Co nome desta cidade existe un plan que vai remodelar os estudios universitarios europeos, afectando de xeito moi directo ás carreiras universitarias de Galicia.

O próximo curso, o cincuenta e cinco por cento das carreiras universitarias deixarán de ser o camiño para Licenciaturas ou Diplomaturas para denominarse grados. Pero tamén o resto dos estudios, un total de sesenta e unha carreiras, terán que reformar os seus plans de estudio para o curso 2010-2011 para cumprir coas previsións do Plan Bolonia, nun plan que comezou hai xa tres anos pero do que acabamos de enterarnos agora mesmo.

Xa non vai haber carreiras de cinco e de tres anos senón que todas serán de catro. E ó rematar estes estudios, os titulados poderán facer un master ou estudiar o correspondente doutorado. Tamén estes estudios superiores estarán regulados polo Plan Bolonia ó que deberán suxeitarse todos os estudios superiores da Unión Europea.

Esta revolución dos estudios en Europa xorde dun acordo chamado Declaración de Bolonia que asinaron 29 países en 1999 para homologar a situación en todos os estados. Na actualidade, son 46 os países –non só europeos- que adoptaron o acordo de camiñar unidos na homoxeneización da educación universitaria.

Dos temas transcendentais enterámonos tarde, e os movementos contra o Plan Bolonia chegan un pouco tarde tamén. Todas as decisións deste tipo son problemáticas pero só beneficios hai que esperar dun acordo que homologue os estudios e os títulos que capacitarán para o desempeño das profesións do futuro a escala europea.

O Plan Bolonia é un feito, e agardemos que un tremendo beneficio.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES