Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ourensalia: Moita hipocresía

jueves, 16 de julio de 2009
Ourensalia: Moita hipocresa A política cultural galega viviu unha xornada en Traslaba e Compostela, que a nivel persoal me produciu unha profunda desazón e me amosou novamente a perigosa congostra pola que devala extraviada, camiño dun precipicio que, se non lle poñemos remedio de contado, acabará por ter consecuencias para alén de nós.

Como secretario da Fundación Curros Enríquez estaba convidado ós dous e decidín non ir a ningures consciente de que ambos ían decorrer antagónicos, pero co mesmo guión, contasen ou non comigo.

Onte, os medios de comunicación ratificaron o que eu intuíra e agradecín non ter ido, pois así non formei parte activa desa pretendida polarización que os dous actos evidenciaron e coa que a clase política semella querer fender en dous este anaco de terra, contaxiándonos co mildeu da hipocresía que eles levan tempo inoculando e que lles provoca unha grave distorsión da realidade social sobre a que gobernan ou pretenden volver gobernar algún día.

Por unha banda tiven oportunidade de ler o discurso que a carón da memoria de Castelao pronunciou o presidente da Xunta e, se ben a partitura semella estar escrita con corrección, por máis que o intento non dou escoitado a música. É dicir, non dou visto na súa acción de goberno os feitos que se derivan dese “galeguismo cordial” que predica por aquí e por acolá coma unha oración ou, mellor dito, coma unha ladaíña.

Pola outra beira, lin algúns fragmentos do discurso de Beiras en Trasalba e tamén houbo palabras que me mancaron no oído, non tanto por serodias ou extemporáneas, canto pola dose de espiñas que levaban adheridas.

Sinto moito se alguén se sinte ferido tamén coas miñas, pero repito de novo que tanto unhas coma outras supuran demasiada hipocresía. Porque tanta hipocresía hai –non o dubiden- en predicar galeguismo e receitar decretos “catelanistas”, coma en proclamarse profeta do país e logo pretender que entremos todos polo mesiánico ollo da agulla de “Galiza”.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES