Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comercio e autovías

martes, 07 de julio de 2009
Que as comunicacións trastocan o sistema de vida das comunidades afectadas, é evidente. As modernas vías de comunicación, acortando o tempo de viaxe entre localidades, facilitan o intercambio entre os pobos pero tamén contribúen a que estes pobos queden fóra dos circuitos de comercio interior.

Hai aínda poucos anos, as vías atravesaban os pobos, provocando a parada dos viaxeiros co dinamismo correspondente á hora da venda de produtos propios de cada localidade.

A autopista do Atlántico foi a primeira vía que arredou o tráfico das localidades polas que pasaba a estrada. E non se pasa por Arcade, nin por Padrón nin Redondela, a menos que o viaxeiro elixa saír da vía rápida para mercar ou deterse nestas localidades.

Logo a NVI entre Madrid e Coruña evitou que os viaxeiros pasasen por Becerreá, Lugo, Rábade ou Guitiriz. Había abundantes saídas, pero a velocidade atrae e a maioría dos conductores seguen ruta ata final do camiño.

A A8 producirá o mesmo efecto. E en Cea estano notando e diante da apertura do último tramo da via Santiago-Ourense as vendas de pan baixaron entre un trinta e un corenta por cento das que habitualmente se viñan producindo.

Ven de celebrarse a festa de exaltación deste pan, ocasión para refrendar publicamente a importancia de que un elemento gastronómico teña a relevancia que merece e o apoio de toda unha poboación.

Diante do efecto arredador para o comercio que as novas vías de comunicación teñen, imponse a publicidade, facerse notar, conseguir que os consumidores non pasen de largo senón que teñan oportunidade de deterse, pola calidade dos produtos que se ofrecen, pero tamén polas campañas de difusión e promoción que se poden facer dos productos que identificana un pobo ou comarca.

Aproveitemos as vantaxes das modernas comunicacións viarias, potenciando os valores autóctonos, conseguindo que sexan puntos de referencia imprescindibles, co que aproveitaremos todas as potencialidades que os novos tempos nos poden proporcionar.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES