Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Couto Mixto, enclave histórico da Eurorrexión

lunes, 06 de julio de 2009
No ano 2001 a Asociación de Amigos do Couto Mixto promoveu unha reunión transfronteiriza da que saeu a “Declaración de encontro entre os pobos do Couto Mixto (Galicia) e os pobos promíscuos (Portugal)”. Con ela pretendíase reforzar aínda máis as tradicionais relacións de boa veciñanza que de vello veñen mantendo aquelas xentes Relacións fondas e cordiais nesta área da raia seca, baseadas nos intercambios comerciais, culturais e os lazos familiares.

Un dos considerandos da Declaración, asinada polos representantes das Xuntas de Fregueria de Soutelinho, Cambedo, Lamadarcos, e os pedáneos das parroquias de Santiago, Rubiás e Meaus, xunto cos representantes da Cámaras de Montalegre e Chaves, e dous concellos galegos, Calvos de Randín e Baltar, reivindicaba das políticas rexionais da Unión Europea o apoio para o coñecemento e difusión dos valores culturais e patrimoniais, concretada en cinco puntos: 1) A estima polas nosas linguas, o noso territorio, a nosa historia e patrimonio; 2) O intercambio de información entre as súas áreas; 3) Un mellor e maior coñecemento dos valores culturais de calquera tipo entre as dúas comunidades; 4) Publicacións de interese sociocultural sobre a súa historia, etnografía e valores naturais, e 5) Actividades de tempo libre para o seu uso socio-recreativo como o turismo rural ou o eco turismo.

A Declaración pedía que outros organismos como O Eixo Atlántico, a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, ou os Grupos de acción local da iniciativa Leader, proxectaran accións de diverso tipo nestas áreas transfronteirizas a través dos fondos estruturais. Estas demandas foron debatidas tamén en varios cursos de verán organizados polas universidadeS de Vigo, Tras-Os-Montes e Alto Minho e a Asociación de Amigos do Couto Mixto, dirixidos polo profesor universitario e membro da asociación don Xosé Manuel Cid.


O Congreso dos Deputados e Parlamento de Galicia debateron e aprobaron, por unanimidade, ademais, senllas iniciativas lexislativas promovidas polos deputados don Alberto Fidalgo e dona Laura Seara, respectivamente. Desde entón estes pobos están agardando a que os gobernos actúen en consecuencia e dean a coñecer as medidas demandadas polas cámaras parlamentarias. Dentro dun par de anos as axudas comunitarias serán desviadas a outros países da Unión Europea, perdéndose deste xeito as axudas necesarias para a concreción de proxectos e realizacións que revitalicen estas terras e pobos. Sería unha mágoa que isto acontecese por falta de inoperancia institucional, e que estes pobos transfronteirizos fosen marxinados social e economicamente. Isto suporía tamén o fracaso na creación da eurorrexión.

Son moitos os intelectuais que alzaron connosco a súa voz para salientaren a importancia do Couto Mixto como caixa de resoancia na demanda de solucións para os habitantes destas terras transfronteirizas. A case todos eles a asociación foilles recoñecendo o seu apoio. Personalidades relevantes do coñecemento, da creación literaria e investigación, que incrementarán o seu número co nomeamento de novos Xuíces Honorarios. Desta volta incorpóranse ao “colexio xudicial” os etnógrafos António Lourenço Fontes e Xosé Rodríguez Cruz, que, xunto co xeneral de división da Garda Civil e experto de Dereito Internacional e Humanitario, don Gonzalo Jar Couselo, fan que o Couto Mixto sega a ter valedores dentro e alén das nosas fronteiras. O acto celebrarase o próximo domingo, día 12, na igrexa de Santiago dos Mixtos. Están invitados.

González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES