Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eido Dourado

jueves, 02 de julio de 2009
O pasado sábado tivemos a gozosa oportunidade de participar nun acto, un “fito cultural” na Mariña como no mesmo se calificou, e asistir á inauguración do “Eido Dourado”,fronte á praia das Pasadas en San Miguel de Reinante, un espazo para a arte concebido como estudio, vivienda e exposición permanente de pintura e debuxo, que acolle a obra do artista Celso Dourado. A natureza e a creación artística conviven en perfecta armonía para ofrecer á visión e disfrute das xentes un espazo singular, concebido e realizado por unha mente privilexiada, unha vontade de aceiro e un esforzo e ilusión que supera tódalas fronteiras. Acaso son éstas básicamente as consideracións que a Celso lle outorgan o sinalado prestixo de que goza, de xeito especial entre os persoeiros da cultura, e así se explica a masiva afluencia dos mesmos neste acto singular que comentamos: pintores, debuxantes, escultores, músicos, cantautores, poetas, actores e actrices, xornalistas e incontables amigos e amigas que coa súa presencia quixeron renovar o seu aprecio e a súa admiración polo artista e a súa obra. O recinto inaugurado é moito mais que unha mostra do meritorio quefacer pictórico do artista; trátase da conxunción dunha serie de valores artísticos e humanos que difícilmente ten parangón. A natureza, a arquitectura e a pintura son os pivotes sobre os que xira o sorprendente e insólito labor que converte o lugar en atractivo que honra e prestixa á bisbarra; mérito desbordante ó saber que tal autoconstrucción e realización é obra de quen, ós oito anos de idade, por mor dun desgraciado accidente, perdeo as dúas mans. Sen elas foi quen de realizarse en plenitude como persoa e como o artista que expresa na súa obra a sensibilidade exquisita e unha imaxinación acaso estimulada pola dura experiencia vital.
Arredor da edificación discorren dous xardíns visitables: un caracterizado como de “Rocalla” ou “Alpino” e outro un “xardín zen” de marcado aire xaponés, elaborado a base de grava de cuarzo e elementos pétreos.Todo elo, diseño e realización, obra do excepcional artista. A suma de valores concurrentes que explican a existencia de este espacio único magnifica a obra e convírtea en toda unha lección de vida. O seu nome exclusivo, poético e suxerente, de difícil traducción a outro idioma: EIDO DOURADO.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Co paro ás voltas : Búsquese o problema na manifestación que corresponda, na máis aparente, semp...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información