Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conchita de Baamonde

lunes, 22 de junio de 2009
Este era o “Santo e seña” dunha muller menuda, alegre, comunicativa, vital. Nunca souben os seus apelidos. Para min, era “Conchita de Baamonde” e sempre deixaba moi claro que para ela esta poboación chairega era o centro do mundo.

Coñecina nalgunha das celebracións de Xermolos, hai moito, moito tempo. Porque para ela Alfonso era un profeta e o que el dicía, palabra de Deus. E onde Xermolos chegaba para proclamar a redención das xentes pola cultura, alí estaba Conchita participando, colaborando, poñendo unha nota leda entre os concurrentes.

Queríame ben. E eu a ela. Era unha muller singular que pasaba pola vida contaxiando eso que tan difícil nos resulta conseguir nestes difíciles tempos: tranquilidade, ledicia, bo humor, a pesar das dificultades. E participación, traballo, dedicación eran os seus nortes.

Teimou que Baamonde, fito do Camiño do Norte a Compostela precisaba un albergue para os numerosos peregrinos que por alí pasan a cotío, e convenceu ó Xacobeo de que o Camiño estaba incompleto se os caminantes non facían parada en lugar acolledor. Ela mesma aportou o edificio para o albergue, ela foi logo a encargada de mantelo en pé e facelo funcionar. Ela, sempre ela, como cabeza visible dunha comunidade vital que outrora foi punto esencial das rutas do ferrocarril do noroeste e agora está sendo centro neurálxico das máis importantes autovías de Galicia.

Pero para os pobos son máis importantes as persoas ca as autovías. Eu en Baamonde teño amigos senlleiros que se dedican á arte, á restauración ou ó ensino. Pero fáltame Conchita. Físicamente.

Porque estou seguro que onde estea -no especial ceo que temos reservado os chairegos de boa fé- Conchita segue a remexer e conversar, chamar e convencer, organizar e atender a todos os celestiais camiñantes.

Non sei como se presentará alí porque ó mellor as identidades celestiais non son as mesmas que aquí abaixo, pero seguro que foi capaz de montar un tinglado baamondino, e ós peregrinos que vexa que o merecen de xeito especial invitaráos a descansar e facer parada no seu recanto, só coa condición de que algunha vez miren para abaixo e admiren o pobo e a xente que quixo tanto.

Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES