Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen máis chifre...

lunes, 22 de junio de 2009
Nesta nosa cultura rural, os refráns -creados polo pobo- tiñan ese especial componente rural que respondía ós acontecementos de cada día.

Pois un dos nosos refráns tradicionais -Quen máis chifre, capador- axustase á perfección á situación actual da negociación da financiación autonómica, onde parece que o que máis farruco se lle poña ó Presidente do Goberno será o que consiga mellor resultado económico.

Por necesidade de apoio político máis ca por identidade ideolóxica, Cataluña xa conseguiu a promesa que estiman certa de que vai percibir maiores ingresos per capita que o resto das comunidades. Andalucía tampouco parece ter queixa pola vontade que hacia ela se manifesta. En tanto, en Galicia, agardamos que non sexamos mal tratados nunha situación na que temos necesidade de ser atendidos e merecementos sobrados para recibir alomenos tanto coma os que máis reciban.

Pero hai que poñerse no peor nesto de dialogar co goberno central. Se cando o goberno era do mesmo signo as promesas de infraestructuras resultaron ser pura entelequia, veremos agora que se trata de diñeiro contante e soante que o goberno distribuirá de acordo con criterios nunca abondo estudiados e moito menos explicados.

A poboación pode ser un factor importante, pero o envellecemento e a dispersión que Galicia sofre teñen que servir para compensar con moito o noso escaso crecemento demográfico. E logo está a solidariedade, tantas veces proclamada, entre os homes e as terras de España.

Ou sexa, que estamos en época de chifrar ben alto para que se nos escoite e se nos atenda. O de café para todos, agora é bastante máis complexo porque cada quen pídeo á súa maneira, sen saber se vai haber para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES