Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O lago das Pontes

viernes, 29 de mayo de 2009
Nestes momentos, o lago das Pontes ten arredor de 115 hectómetros cúbicos de auga, que deben ser cento quince mil millóns de litros de agua. Sábese con exactitude, porque se trata dun lago artificial que se enche con auga sobrante do Eume para encher a excavación efectuada na mina de lignito que alimenta a central térmica.

As Pontes xa ten un non pequeño lago artificial formado hai medio século na zona da Ribeira por un embalse tamén construido en función do complexo industrial pontés. Porque cando apareceu o xacemento carbonífero quedou marcado o destino das Pontes de García Rodríguez como zona industrial e polo de desenvolvemento que deu traballo a centos de homes dun amplísimo contorno.

Nas Pontes rematou o carbón pero para que non parase a producción de enerxía eléctrica comezaron as importacións do extranxeiro, e decidiuse que o grandísimo socavón producido nas entrañas dos montes se enchese de auga para conseguir formar un lago artificial que humanizase a paisaxe e producise beneficios na economía e no lecer das xentes da comarca.

O proceso de formación do lago está sendo seguido polo Seprona con denuncia incluída, pero a Fiscalía de Medio Ambiente non encontra ningún delicto nestas obras, polo que estas seguirán adiante.

Nunca se estudiou, ou non se sabe que se fixera, a repercusión da industrialización pontesa nos concellos do arredor, nin se as emanacións da fábrica eran -como pensa a xente- causantes das perdas de froita e outros cultivos en boa parte da provincia de Lugo. A industria e os seus postos de traballo eran o primeiro, e nin os posibles afectados plantearon ningún tipo de reclamación.

Agora, o proceso de enchido de auga non parece ter problema, aínda que compre que se siga estudiando o tema para ter absoluta seguridade de que así é. O mesmo que xa nos gostaría coñecer os informes técnicos que existan para convencernos de que un lago destas dimensións non vai cambiar o clima da zona propiciando néboas, maiores choivas, e quen sabe que outras variacións. Pero estes temas non interesan prácticamente a ninguén.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES