Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Bispo no "Santo"

martes, 19 de mayo de 2009
Dende tempo inmemorial ergue a súa modesta planta, na paraxe antigamente coñecida por “alto da Grela,”nos arredores de Foz, a capela do “bispo Santo” á que a tradición reserva o cometido de servir de testemuño da lenda según a cal San Gonzalo lograra desmantelar a armada normanda que se dispuña a invadir as nosas costas…
Hai arredor de 40 anos, con ocasión de publicar o libro “Guía Histórica e Artística de San Martiño de Mondoñedo”, tivemos a oportunidade de acceder ó arquivo da mesma, para documentarnos sobre a súa historia da que obviamente forma parte a da ermida.
A prospección naqueles vellos papeis permítenos lembrar, en vésperas da celebración da ancestral romaría, algunha curiosidade da mesma: cada luns de Pentecostés, día da celebración, acudían xentes de toda a bisbarra, coas cruces parroquiais o que, á hora de gardar un orde para participar na pocesión, ten dado lugar a serios altercados. Daí que, despois de impoñer unha multa de doce libras de cera para as Confrarías do Santísimo e Ánimas de San Martiño, a quen tal provocara, o 18 de maio de 1669 -hai 340 anos- acordouse, para o sucesivo, a seguinte disposición: despois da Cruz de San Martiño, seguiría a de Santiago de Foz, San Xoan de Vilaronte, Santiago de Fazouro, San Xulián de Cangas, Santo Estebo de Nois, San Xulián de Cordido, Santo Estebo de Oirán, Santa Cilia, San Acisclo, Nosa Señora de Bacoi e Santo Estebo de Moucide, cada unha delas seguida dos seus numerosos fieis. A masiva afluencia á romaría do Bispo Santo (ou “O Santo”) non é pois algo recente.Ao non atoparse, por extravío, o anterior, en 1848 encétase un novo “libro de fábrica” da capela no que quedan reflectidas as contas da festa daquel ano: os ingresos, debidamente especificados, ascenden a 39 reais e os gastos a 30 (10 reais, pagados a un “músico rural“ e 20 por catro ducias de foguetes). Foi o día 8 de outubro de 1908 -hai cen anos- cando a histórica e humilde ermida “do Santo” recibía a visita do bispo da Diócese, don Juan José Solís y Fernández que deixou 50 pesetas de limosna, que unidas ás 22,50 ptas. que se reuniron entre os veciños do barrio de Forxán e algunha aportación de traballo, púdose restaurar a edificación, entón moi depauperada.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES