Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Incoherencias

miércoles, 22 de abril de 2009
O turismo é un dos sectores mais importantes e en expansión, concebído como un aspecto de vital importancia económica a tódolos niveis. Compatibilizar a industria turística e a protección do medio ambiente debe ser primordial para acadar o obxetivo dun “turismo sostible”; aspectos conservacionistas que permitan un planeamento ordenado e respetuoso coa natureza e evitar así a súa destrucción por mor dun desarrollo desconsiderado con aqueles valores que son a razón dun mercado baseado na chamada dos atractivos naturais: a beleza e armonía dos seus contornos, a riqueza cultural nos mais variados aspectos; o interese da súa historia e de cantas outras cuestións podan atraer a atención de quen se complacen no coñecemento e observación dos testemuños de outros tempos, de outras formas de vida. É moi frecuente que se derruben vellas edificacións- moitas veces recuperables e aproveitables, e que conservarían o seu significado histórico e antropolóxico/cultural- para erixir no seu lugar un mamotreto de cemento carente de todo interese nos aspectos que apuntamos, e polo tanto de costas a estas consideracións, auténticas agresións á visualización do lugar e o seu entorno. Os nosos pobos, sen renunciar á modernidade, teñen que conservar as características tradicionais dunha vivencia social e humana pracenteira e distendida que só se logrará dende ese respecto ó medio natural . Sen embargo a actividade turística expresa ben a contradicción entre o interese na conservación do patrimonio natural e cultural e a degradación resultante cando non se emplean solucións sensatas e non agresivas.O vindeiro fin de semana a Universidade de Vigo, en conminencia co concello, vai realizar en Foz un curso sobre turismo de natureza, unha iniciativa encomiable. Pero a cotío nos movemos na contradicción, na incoherencia e na demagoxia, porque paralelamente á impartición do curso, en lugar tan carismático e atractivo, rente ó mar como é “a Ribeira”, construese un aberrante armatoste de cemento, de alturas e volumens fora de lugar e que racha coa armonía constructiva do entorno; mesmo parece que nos vai vir enriba e non garda a alineación: a negación de canto deixamos dito. Outra lamentable incoherencia , ás que os xestores políticos nos teñen tan acostumados.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES