Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As finanzas dos concellos

miércoles, 22 de abril de 2009
Vivimos tempos difíciles para todos, institucións ou particulares. Coa diferencia de que os particulares participamos directamente nos nosos acertos ou erros, sufrindo incrementos ou mermas no noso patrimonio. E o que ocorra co patrimonio das institucións dóenos moito menos porque ninguén se beneficia ou perxudica de xeito directo.

Os problemas económicos dos concellos veñen derivados en boa parte desa mesma crise que nos afecta, crise desilusionante, que impide que desenvolvamos actividades económicas coa fluidez e a aventura de sempre. A nosa inmovilidade repercute directamente nas arcas das institucións, beneficiarias directas das nosas actividades económicas.

O presidente da Deputación pontevedresa, Rafael Louzán, ven de denunciar que moitos concellos daquela provincia poden problemas graves para pagar as nóminas dos seus funcionarios o próximo ano, polo descenso medio dun quince por cento que os concellos veñen sufrindo nas aportacións do Estado e os importantes incrementos entre outros nos importes dos consumos eléctricos. A esto hai que sumar as moito menores cantidades recaudadas por licencias de obras, e outros impostos directos.

A Deputación pontevedresa, tentando colaborar en remediar este problema, está realizando un censo de aeroxeneradores eólicos, especialmente nas comarcas do Condado e Paradanta, para aplicarlles o imposto correspondente a bens inmobles de características especiais. Un só concello, o de Covelo, con 156 muíños, podería triplicar a recadación actual, tendo en conta a recente sentencia do Tribunal Superior de Xustiza da Galicia sobre o pago de impostos municipais polas empresas eólicas.

A tempos difíciles, enxeño. Hai que buscar novas fontes de financiación, e as grandes empresas -xa non digamos as eólicas- parecen ser as que mellor aguantan estas situacións e as que poden colaborar a que as institucións manteñan o nivel de funcionamento e financiación.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES