Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O medrar dos desmedrados

viernes, 03 de abril de 2009
O Conselleiro de Economía e Facenda da Xunta de Galicia foi tremendamente optimista na última das súas comparecencias diante dos medios informativos, esgrimindo as macrocifras da economía galega, que non quedan mal dentro das cifras xerais da economía española, onde se acortan distancias.

Galicia no seu conxunto medrou un 3,3% no producto interior bruto nos ultimos catro anos (2005-2008), superando o 2,8% do cuatrienio anterior. E se daquela o promedio español estaba no 3%, agora baixou ó 2,9%, polo que os resultados da economía galega brillan aínda máis.

Se facemos caso das cifras que proporciona a Xunta, e ningunha voz xurdíu para opoñerse, resulta que hai catro anos a renda per capita dos galegos supuña o 80,4% da dos españoles estando na actualidade no 85,8% despois de ter subido un 9,3% neste periodo, e alcanzado os 20.619€. De todos os xeitos, nestes momentos eses 20.619€ aínda quedan onxe dos 24.020 do promedio español e dos 25.100 dos paises da Unión Europea. Para compensar estas diferencias, o paro en Galicia estaba no 9,7% mentras que en España chegou ó 13,9%.

De todos os xeitos, pensemos que estes datos corresponden ó último cuatrienio, e os últimos están referidos a 2008. Que están moi ben como estatísticas, pero haberá que esperar uns meses para saber con exactitude como nos atopamos no momento actual, que a situación hoxe non é como a finais do pasado ano, senón que a evolución negativa experimentada non ten cifras pero ten caras, sentimentos e percepción.

Medrou Galicia porque as porcentaxes altas son máis doadas cando é baixo o punto de partida. Somos os desmedrados que, de repente, dan un estirón e nótase moito máis ca o crecemento dos que medran pouco a pouco, a diario.

Ben está o dato. Pero nada de botar as campás a voléo, que estas cousas téñense que notar primeiro no ambiente e logo nas cifras. No ambiente, polo de abora non se nota nada que anime a pensar que Galicia e os galegos vaiamos ben. Eso si: que estemos saíndo do raquitismo é un punto de referencia a ter en conta, pero non recrearnos nel.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES