Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranza do Mestre Lugilde

jueves, 02 de abril de 2009
Don Manuel albergaba na súa figura miúda unha gran calidade humana e unha vocación polo ensino ó que dedicaba tódolos esforzos e permanente atención. Foi un adiantado ás novas técnicas pedagóxicas a través das actividades extraescolares, os labores en equipo... Na súa escola realizábanse traballos manuais -nos que era un experto- aprendiase música e o dominio de instrumentos de corda: guitarra, bandurria, laúd… e ensaiábanse a coro cancións do folclore galego. Na aula dispuña dun pequeno museo natural a onde ían a parar os mais diversos elementos, dos que os alumnos recibían a correspondente lección. Moi afeccionado á pintura, copiaba obras de grandes artistas: Velázquez, Murillo, O Greco…que, colgadas das paredes, as comentaba cos rapaces. Representaban obras de teatro por él dirixidas e algunhas tamén escritas. As súas ensinanzas tiñan unha orientación eminentemente práctica, con vistas ao futuro desempeño dos diversos oficios, entón a aspiración máxima da xente nova; daí que concedera grande importancia á xeometría, a aritmética, agrimensura e o debuxo. Amante da naturaza, nos frecuentes paseos polo campo e a beiramar, espertaba nos rapaces o interese polo medio natural e a súa conservación.

Cando a aventura do “Plus Ultra” -o hidroavión español que no ano 1926, por primeira vez na historia, atravesou o Atlántico sen facer escalas -en tempos de tan precarios ou inexistentes medios de información e comunicación, os discípulos de don Manuel eran coñecedores de tódolos pormenores da travesía, e mesmo o profesor artellou unha maqueta do histórico aparato que permaneceo moito tempo pendurada do teito da aula. En circunstancias tan miserentas proporcionaba gratuitamente ó alumnado o material preciso para o traballo.

No mes de abril de 1984 este cronista publicou un comentario polo que suxería ó concello o recoñecemento á súa persoa. Os munícipes, entón capitaneados por Pepe Paz tomaron boa nota, e cinco meses mais tarde consumábase a homenaxe. Fíxose unha exposición con boa parte dos cuadros que él pintara, vellas fotografías das que era autor, recortes de prensa e outros testemuños do seu fecundo labor e divulgouse a sua biografía. Dende entón unha rúa, próxima aos locais- escola onde él exercera leva o nome do mestre. Don Manuel Lugilde nacera en Lugo en 1885; chegou a Foz en 1921 e aquí ficou ata a súa morte en 1949, hai xustamente sesenta anos. Él foi un dos persoeiros da historia do ensino na vila focega.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES