Vertidos para pasado mañán
viernes, 13 de diciembre de 2002
O verdadeiramente grave, que é a permisividade do risco petroleiro, fai tempo non ten sido detectado suficientemente nin polo goberno, nin pola oposición nin polo pobo. O verdadeiro gran vertido é pois agora esta renovada e contundente constatación da nosa polifacética inutilidade. Algúns insisten torpemente corroborándoa coa súa santa indignación; outros, exculpándose con moitas e moi boas razós; os máis protestando sen reclamar.
Pero o pero chapapote, o máis inadvertido e insidioso, é ese que xa nos empeza a chegar agora en sucesivas ouleadas de vacío doctrinal –ese incerto pero inconmensurable perigo-.
Coma sucede co petróleo, urxe que algúns, alleos a esta cínica reyerta, vaiamos limpando xa tamén amorosamente, galegamente, as nosas infestadas praias ideolóxicas.
Madrid, 28 de Novembro do 2002
Andrade, Fernando
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora