Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Prohibir o galego

jueves, 26 de marzo de 2009
Nos anos cincuenta, o galego estaba nas catacumbas do País. Nos sesenta comezou a asomar timidamente para incorporarse á sociedade.

Certo que os labregos tíñano por seu idioma, como as xentes do mar. Pero nin se utilizaba na Administración ou na Igrexa, nin no ensino, no comercio, nos ambientes ilustrados ou nas rúas das cidades.

E de repente, pola atracción do prohibido, o idioma xurdíu, rexurdíu. E os rapaces comezaron a telo por idioma de confrontación, de identificación. Sen normativa, só o exemplo dos escritores históricos, o traslado ó papel da fala popular, e o entusiasmo dun idioma redescuberto para expresarse e loitar.

E velaquí que nos atopamos ben entrado o século XXI, nun momento en que o galego tiña que ser lingua de prestixio, de uso e de imparable invasión de lugares de utilización. E sen embargo, agora que se fomenta o seu uso, se normativiza, se dignifica, baixa de xeito estrepitoso.

A Mesa pola Normalización Lingüística pide socorro diante dos datos que observa e que indican que desde 1992 a 2004 se duplicou en Galicia o número de persoas que só falan castelán (pasaron do 13% ó 25,8%) mentras que os que falan exclusivamente galego se reduciron na mesma proporción, desde o 30,5% ó 16%. Esto, xunto con outros datos decepcionantes en relación coa saúde do idioma propio deste país.

Parécenos incrible unha situación así, e merece un bo estudio para aplicarnos os remedios que mereza esta catástrofe e o fracaso do que se está a facer co idioma.

Algo falla neste idioma artificial que se nos ofrece polos medios audiovisuais -privados e públicos-, na doble cara que os políticos teñen -pública e privada- sobre o idioma que falan, na utilización do galego no ensino, na percepción que os máis novos teñen do noso papel (e o deles) en canto ó idioma, e a tomadura de pelo que supón cada modificación ortográfica e prosódica coa que nos agreden ós galego falantes.

Prohibilo non sería lóxico, constitucional nin estatutario. Pero seguro que coa prohibición, coa volta ás catacumbas, o idioma tiña garantida a vida durante esas mil primaveras máis que Cunqueiro prognosticou.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES